16/12/20

Verónica Boquete - Conseguiremos - Novas voces para a lingua

 A futbolista Verónica Boquete protagoniza o primeiro capítulo da serie 'Conseguiremos', coa que arrinca o proxecto 'Novas voces para a lingua' da Real Academia Galega e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela para conectar a mocidade co galego. No estadio que leva o seu nome no barrio compostelán de San Lázaro, onde de cativa ía ver xogar á SD Compostela, Verónica Boquete charla co xornalista e atleta Víctor Pérez Currás.