04/12/20

Trailer de 'Xan', a webserie de Lucía Estévez e Miguel Canalejo

 Información en Vinte

 Serie web gañadora do Premio a Proxecto no Festival Carballo Interplay 2019. Escrita por Miguel Canalejo e dirixida por Lucía Estévez, a serie explora os límites do humor a través de Xan, un personaxe que non fala. Algunha vez quedaches sen palabras? XAN é unha serie web que fala do asombro. Fala de flipar. Fala sobre a conxestión cerebral que provocan os hostións da realidade. XAN é un rapaz que está tan superado polo que o rodea que non é quen de dicir nada. Por iso é máis ca unha personaxe. XAN é un estado mental.