O cabalo de Alberte Merlo baséase no relato homónimo de Álvaro Cunqueiro e foi realizado como traballo de clase. Tal e como se advirte ao principio, é un proxecto sen máis pretensión que a do entretemento e a de lanzar unha mensaxe de cordialidade para este ano Carvalho Calero. É dicir, nada debe ser tomado máis en serio do que é: a tolemia de tres rapaces estudantes de bacharelato.