16/12/20

Libro Fisterras Atlánticas | Antonio de Toro Santos

 Antonio de Toro, un dos coordinadores e editores do libro "Fisterras Atánticas" fai a presentación virtual desde o barco do poeta e mariñeiro Xosé Iglesias. Este libro editado por Medulia é unha escolma literaria de poemas e textos en galego, castelán e inglés que teñen como nexo o noso bravo Océano Atlántico. 🌊 Noutros vídeos poderedes ver a algún dos outros autores e tradutores recitando fragmentos do mesmo desde o mesmo mar que inspirou as letras das obras literarias.