Xita é a protagonista do capítulo 1 de Camiñantes do noso. É unha desas mulleres do rural de edición limitada.
Nacida en plena Guerra Civil, Xita fainos ver que algúns silencios din máis que milleiros de palabras; entre as súas atinadas reflexións destacamos/salientamos esta: “medio mundo anda arrastrado para manter outro medio que vive sentado”.