A Real Academia Galega e a Fundación Barrié abren este martes 1 de decembro o prazo para propoñer palabras aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2020. A elección colectiva do termo convócase un ano máis a través do Portal das Palabras, o proxecto impulsado por ambas as entidades para a difusión do léxico galego.
Podes entrar para escoller: