07/12/20

A Radio Galega incumpre a súa propia normativa con entrevistas en castelán

 O programa Galicia por Diante Fin de Semana emitiu unha entrevista na que o xornalista conversa en castelán con Francisco Vázquez, galego e alcalde da Coruña durante 23 anos. Desde Defende a Galega reclaman unha rectificación por parte do director xeral da radio e critican o incumprimento da vocación fundacional da radio pública galega.

Información en Nós Diario

Entrevista en castelán ao ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, en castelán (Imaxe: Captura).