12/12/20

A Casa Cornide: a impunidade dos Franco

 A Casa Cornide é un edificio único en Galicia. Agocha un patrimonio material e inmaterial moi valioso: dende á súa arquitectura á pegada da figura de José Cornide, un dos primeiros intelectuais laicos galegos do XVIII. Estes son algúns dos argumentos que Alfredo Vigo Trasancos expón no seu informe para que a Casa Cornide sexa declarada Ben de Interese Cultural. 

 Agora, queda agardar a resposta da Xunta. Entretanto, a Casa Cornide, que actualmente é propiedade da familia Franco, atópase en venda. A través das fotografías que ofrece a inmobiliaria, pódese albiscar o seu interior. A Casa Cornide chegou á familia do dictador a través de varias e dubidosas operacións administrativas que implicou a diversas institucións durante o réxime franquista. 

Ao igual que no caso do Pazo de Meirás, estes singulares edificios representan o espolio e a impunidade dos Franco. Pero tamén a súa fin.