07/11/20

Xoana - Anceios

 «Anceios», tema pertencente ó disco Dardos. Videoclip de animación realizado por Carlos Lago (O Terser Home). Produción musical, arreglo, mestura e masterización por José Portela. Letra de Eva Martínez Adega. Esta canción pon fin a unha primeira etapa musical e á vez dá comezo a outras. Cun arreglo musical diferente ó tema orixinal aproxímase a unha visión máis electrónica e actualizada. Este traballo foi unha mostra da variedade de posibilidades que ofrece o galego e ese foi o obxectivo ata o final. «Anceios» ten como protagonistas ás persoas obrigadas a marchar da súa terra na busca doutra á que poder chamar fogar, mantén o espírito de denuncia do disco. Xoana non estivo obrigada a nada, mais encontrou na música a súa casa.