21/10/20

Vinte almorzando con Óliver Laxe

 Vinte almorza na cociña de leña da casa de Óliver Laxe. O cineasta recibiunos na súa aldea dos Ancares, onde naceu a película e onde se rodou a maior parte dela. Alí prepara un novo proxecto pero non cinematográfico: vai crear un centro pedagóxico e terapéutico que tamén será unha granxa e un espazo cultural, rehabilitando varias casas do lugar, incluída a de seus avós.