24/10/20

Unha ducia de bandas e artistas dos Premios Martín Códax da Música Galega 2020

 Os Premios Martín Códax da Música Galega completaron con éxito esta semana a súa sétima edición. Os galardóns do 2020, os máis accidentados por mor do coronavirus, volveron servir malia á pandemia para celebrar a diversidade da música galega e tamén para poñer o foco sobre o forte impacto na industria musical da COVID-19, que trouxo consigo creatividade, pero tamén fondos problemas. Velaquí unha ducia de bandas e artistas distinguidos nos premios (e na súa web, moitas máis) a través dalgúns dos seus traballos máis recentes.

Información en Praza Pública