31/10/20

Retrincos: Gonzo

 Gonzo falou no Retrincos da liberdade de prensa en medios de comunicación públicos e privados, da dificultade para facer información crítica en Galicia ou da responsabilidade do espectador para manterse informado a través da televisión: “Os medios ás veces xeramos unha realidade con certa similitude co que acontece pero moito máis agradecida á hora de contala, para manter á xente agarrada e conseguir grandes audiencias.”