26/10/20

Que foi de Conxo?

 Conxo, Elviña ou Coia foron hai tempo lugares rurais cheos de historia. Un exemplo: en 1873, a primeira liña de tren de Galiza unía os daquela concellos de Conxo e Carril. Cen anos máis tarde, o boom do asfalto e da especulación fixo que estes lugares foran perdendo progresivamente a súa identidade. Estivemos en Conxo falando con veciñas, co movemento asociativo do barrio e coa concellería de urbanismo de Santiago, que ten novos plans para tecer o barrio despois das agresións na periferia da cidade.