28/10/20

ANDRÉS DO BARRO - Corpiño Xeitoso (1970). 50 anos de pop galego


 “Corpiño Xeitoso” foi o disco sinxelo adianto do primeiro álbum de Andres do Barro, "Me Llamo Andrés Lapique do Barro" (1970), producido por Juan Pardo e que contén éxitos como "O Tren", "San Antón" ou "Teño Saudade". Tódalas cancións están compostas por Andrés. "Corpiño Xeitoso" foi o seu maior éxito, este tema cantado en galego acadou o nº 1 das listas españolas. Ata aquel momento ninguén conseguira colocar outro número nunha lingua que non fose o castelán.

Andrés do Barro faleceu en 1989. Tiña 42 anos de idade.