Contos Estraños presenta unha colección de novelas ilustradas de xénero fantástico e de aventuras dirixidas ao público infanto-xuvenil
"A miña primeira novela de..." será unha colección de novelas ilustradas dirixidas ao público infanto-xuvenil (+11 anos) escritas en lingua galega. Cada novela abordará un xénero ou subxénero distinto co obxectivo de presentar as súas características definitorias aos/ás lectores/as. Ademais, cada un dos títulos conta con ilustracións de Iago Torres París e compleméntase cunha serie de fichas didácticas e interactivas (provistas de Códigos QR) con información relativa á temática tratada. Asemade, cada un dos volumes contará cunha guía de lectura dixital pensada para o persoal docente que queira traballar cos textos na aula.
Publicaranse catro volumes anuais cun ritmo trimestral.