Información en Nós Diario
O curso escolar rematará no mes de xuño, non haberá clases obrigatorias no verán (aínda que si actividades opcionais de reforzo en xullo), a norma xeral será a promoción do alumnado ao curso seguinte (pero
non haberá aprobado xeral) e a avaliación -con nota- farase tendo en
conta o traballo dos dous primeiros trimestres, mentres que o realizado durante o confinamento servirá unicamente para mellorar as cualificacións.
Estas son as principal conclusións da Conferencia Sectorial de
Educación, na que participaron representantes do Ministerio e das
Comunidades Autónomas.