Nun informe realizado en setembro de 2019 para o goberno do concello da Coruña, a Real Academia Galega recomenda preservar o topónimo, único en Galicia e anterior ao século XVIII
Información de Montse Carneiro en La Voz de Galicia (22-1-2020)
Xuxán era como un paraíso, o terreo facía de muro e alí nin se oían os coches, dixo alguén na homenaxe póstuma ao último lutier de gaitas da Coruña, Xosé López Bao, O rei do si bemol, desfiuzado da súa casa aos 85 anos. No 2012, as casas, a fonte e o lavadeiro de Xuxán aínda ocupaban o centro do Ofimático, aínda que o calificativo do polígono tecnolóxico aprobado polo pleno municipal vinte anos atrás xa silenciara os nomes antigos.
En Xuxán desaperceu antes o nome ca o lugar, advirte Iván Méndez, técnico do seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG) e autor dun informe sobre a toponimia tradicional do novo barrio entregado no Concello da Coruña en setembro de 2019. Nel, o investigador detalla 50 nomes de núcleos, leiras e lugares desta área entre Eirís e Lavedra -A Vedra, como Pontevedra, corrixe-, e recorda a obriga da Administración local de protexelos e preservalos, en cumprimento da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia de 2016 e doutras recomendacións da Unesco sobre a conservación dos nomes xeográficos.
O informe naceu nunha visita institucional de Inés Rey ao presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, tras ser investida alcaldesa. Foi anecdótico. Falamos de como colaborar no noso labor e do mapa da toponimia de Galicia. nEla é unha señora sensible a
estes temas, e entón comentou que precisamente tiña un barrio que lle
preocupaba porque recibía queixas de veciños que non sabían nin de onde
eran, recorda Freixanes, que inmediatamente ofreceulle un informe en dous días sobre a toponimia do Ofimático.