26/01/20

Esquece Monelos

Este último mércores de xaneiro proxectouse no Centro Cívico de San Diego, na Coruña o documental/película de Esquece Monelos, gañador de varios premios, entre eles tres Mestre Mateo e o premio Feroz.Nela a súa directora, a traves tamén dos diversos entevistados protagonistas tamen desta historia fálannos sobre a memoria que tiveron do río que aínda que permanece oculto á nosa vista segue alí , no que mesmo aínda vive unha comunidade de anguías, servindo como metáfora xunto con outras historias como o castelo de San Diego do que non queremos recordar ou contar. Se queredes mais información poderes ver o trailer en: "Esquece Monelos" E se queredes podedes buscar mais información sobre o Río , a súa película e a súa historia en: 
Información en "La Voz de Galicia"

1º Bac D. Rubén Fernández Vecino