BASES E OBXECTIVOS
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2022-2023.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico.
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 17 de abril de 2023 e rematará na semana do 8 ao 12 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas).
4. O concurso terá tres niveis:
• 1º e 2º de ESO.
• 3º e 4º de ESO.
• Bacharelato.
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente.
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira:
• Durante a primeira semana (17 ao 21 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
• Na segunda semana (do 24 ao 28 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
• Na terceira semana (do 1 ao 5 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas.
• Na derradeira semana (8 a 12 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira.
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis.
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria.
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo's Bar.
• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito:
a) Maior puntuación nas tres semanas previas.
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto.
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.
A gañadora desta III edición deste concurso "Galego con Ciencia" é, na categoría de 1º e 2º de ESO a alumna de 1º ESO Elena Álvarez-Azurmendi Gutiérrez que contestou correctamente a totalidade das cuestións propostas na última xornada.
Nas categorías de 3º e 4º ESO e Bacharelato queda deserto ao non lograr ningún dos concursante a totalidade dos acerto. Grazas pola vosa participación. Ata un novo concurso.
A entrega do premio realizarase o martes 16 de marzo ás 12:10 na Aula "Xurxo Lobato".