Bases do concurso
- Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro.
- Presentaranse os pratos a primeira hora do xoves 28 de novembro no corredor de entrada do centro.
- Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego.
- Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante.
- O primeiro premio terá un valor de 30 €.
- O segundo premio terá un valor de 20 €.
- O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores.
- Durante o primeiro e segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro.
- A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.