20/11/19

Catro séculos da historia de Oza

A exposición Proyecto Flujos recopila veinte mapas e 200 fotos antigas da zona

Ata o 30 de novembro Oza conta co seu historiador particular, un veciño que se adicou a recopilar canta documentación existe sobre os barrios da Gaiteira, Os Castros e As Xubias, e que vai colgando no seu blog e expoñendo cada certo tempo no Fórum Metropolitano. É José Carlos Aonso o que atesoura máis de 2.000 arquivos e documentos sobre a historia, a arquitectura e a evolución urbanística da zona, e que agora expón baixo o título de Proyecto Flujos: fotos de vecinos II e cartografías I. Hai ao redor de duascentas fotos antigas aportadas polos veciños e uns vinte mapas e planos que percorren a progresión urbanística da zona dende 1726 ata 1967, como pasou de ser unha zona boscosa cunha ponte, unha capela e uns cincuenta veciños ao núcleo urbano de 25.000 habitantes que é hoxe, explica o responsable da exposición que se inaugurou onte, e que con esta móstra dá por pechado o ciclo expositivo. Non é que queden cousas por mostrar, pero xa se vai facendo complicado investigar sobre certos elementos que sei que faltan. Como o mural de azulexos que había no mirador dos Castros, co debuxo dos edificios insignes da Cidade Vella que dende aí víanse e do que parece non haber ningunha fotografía, conta.