11/05/23

A escritora Andrea Maceiras no IES Monelos (10/5/2023)

Organizado polo departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Monelos a escritora Andrea Maceiras o mércores 10 de maio.

E por que nos visitou esta autora? Porque o alumnado de 1º ESO A e 1º ESO B leu este curso Conta nove estrelas, un libro que os engaiola e do que queren saber máis. Andrea compartiu con nós, alumnado e profesorado, unha presentación na que vai explicando o proceso creativo e as vivencias que a levaron a construír este relato. De todo isto, o que máis lle chamou a atención ao alumnado foi o referente dos “bobós”, que non é outro que o gato da propia autora. Os nenos e as nenas realizáronlle preguntas a Andrea con moito enstusiasmo, incluso algunhas delas foron sobre outros libros que tamén leron. Andrea, coas súas palabras, transmitiunos o seu amor pola literatura e animou os pequenos a seren creadores das súas propias historias. Para rematar, a autora asinou libros cunha dedicatoria persoal. Foi esta unha visita moi interesante, agardamos que se volva a repetir.



Fernández del Riego. Letras Galegas 2023

 

Miguel de Lira: “Ninguén foi quen de poñer nunca un stop no camiño de Chévere"

Entrevista a Xacobo de Toro en Vivir Aquí. Especial Youtubeiras

 

10/05/23

Ruta pondaliana do IES Monelos (9 de maio de 2023)

 Actividade organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galega onde participaron algúns membros do EDLG do centro.

Castro Borneiro-Dombate-Ponteceso

 

 Ponteceso-O Couto-Balarés-Monte Branco-O Roncudo-Santuario da Virxe do Faro

 

Penarrubia - Os nomes da nosa terra II. Xosé Antón Moure

 

08/05/23

Radio Monelos: XXVII día da ciencia na rúa

Celebración no parque de Santa Margarida do XXVII día da ciencia na rúa. O IES Monelos participou un ano máis con tres proxectos presentados polo departamento de física e química e tecnoloxía (dous proxectos de tecnoloxía e un de física química) presentados polo alumnado de 1º de bacharelato, 4º ESO e 1º ESO.

Realizan as entrevistas para a radio as alumnas de 4º ESO Martina Iris Estévez Domínguez e Sara Lorenzo Naya.


Radio Monelos: Historias da Coruña e do noso barrio. Capítulo 17. A Coruña dos cines


 Programa elaborado pol@s alumn@s de 4º ESO Lucas Eiroa Osorno e Martina Iris Estévez Domínguez.


Correlingua na Coruña (5 de maio de 2023)

O alumnado de 1º ESO participou no Correlingua o venres 5 de maio de 2023.


Conversa con Pepo Suevos

Conversamos hoxe co actor, humorista, guionista, actor de dobraxe, cómico e showman Pepo Suevos, un grande. Saberanlle os chícharos?

Compostela - Os nomes da nosa terra II. Xosé Antón Moure

 

05/05/23

hydn - BaddeR, wicKed (Official Music Video)

 

Adeus a Arsenio, mito do deportivismo e do fútbol galego

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública


 

Refráns do mes de maio #DígochoEu

 

Novo queixo galego. A alta gastronomía vira a atención cara aos produtores artesáns, con Galicia na vangarda

 Información de Jorge Guitián en Vinte

Xesús Mazaira, da queixería Airas Moniz, explicando o seu proxecto no Basque Culinary Center. © Jorge Guitián

Carlangas, Ortiga e Pili Pampín, Ana Moura... e a Panorama no Obradoiro

 Información Praza Pública

Un dos carteis da Ascensión 2023 e imaxes promocionais de Carlangas, Ana Moura e mais Ortiga e Pili Pampín CC-BY-NC-SA Montaxe: Praza.gal


A primeira tese de doutoramento en galego en Croacia, 'summa cum laude' para un traballo "de especial relevancia"

 Información en Praza Pública

Alejandro Martínez Vicente, na lectura da súa tese na Universidade de Zadar © Universidade de Zadar

O "festival total" de Cans celebra o seu 20 aniversario cunha edición de "reencontro" e "cargada de sorpresas"

 Información en Praza Pública

Participantes na presentación da XX edición do Festival de Cans, este mércores © Festival de Cans

Galicia gaña estabilidade laboral: 6.300 contratos menos para case 7.000 empregos máis en abril

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Traballador dunha industria galega CC-BY-SA Xunta

O alumnado que cursa Relixión en Galicia descende a mínimos históricos

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Aula dun instituto de ESO e Bacharelato en Galicia CC-BY-SA Xunta

Divulgando ciencia en galego | Fátima Barros | LGx15

 

29/04/23

Entrega de premios do XVIII concurso de fotografía Xurxo Lobato


 O 27 de abril fixéronse entrega dos premios de fotografía Xurxo Lobato no seu XVIII certame. As gañadoras foron:

1º premio: Rosalía Rodríguez Cruz do EASD "Ramón Falcón" (Lugo)

2º premio: Gabriela Cera Rodríguez do IES "Adormideras" (A Coruña)

3º premio: Irene Méndez Fernández do IES "Adormideras" (A Coruña)

As gañadoras foron entrevistadas para Radio Monelos pola alumna de 4º ESO Sara Lorenzo Naya.






Olladas doutro tempo: San Andrés con Santa Catalina

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

San Andrés con Santa Catalina 1883. Valentín Mendía

Nova campaña para recuperar e revertir ao patrimonio da Coruña o vello cárcere provincial

 Información en Xornal da Coruña

Vello cárcere da Coruña / Wikipedia

Intervención no Intergrupo de Linguas do Parlamento Europeo

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, instou ao Parlamento europeo a que o informe sobre a aplicación da Directiva do audiovisual asegure igualdade de condicións para o galego e outras linguas nas cotas de pantalla, financiamento anticipado, dobraxe, lexendaxe, interfaces, webs e audiodescricións, tal e como reclamaba a Iniciativa Xabarín.

Carreira Camiño das Letras | 2023

 

Exército Mekemeke | 2x24 | SOMOS XABAXERACIÓN

 

O uso do alemán Oskar Boettger como 'negro' científico polo naturalista Seoane

 Información de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública


Ataque Escampe: «Atopamos máis interese nos grises»

 Información de Ana G. Liste en Vinte


 

A maioría da poboación galega vive en concellos que poden considerarse 'zonas tensionadas' para limitar a suba da vivenda

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Representación teatral de "Brokebak Sabucedo": "Do que estamos falando, en realidade, é de que a diversidade sexual humana é infinita"

Unha historia semellante á do filme Brokeback Mountain, mais situada na rapa das bestas de Sabucedo. Foi o punto de partida de Brokeback Sabucedo, a obra que a compañía Sal do Teatro vén de preestrear no centro sociocultural de Santa Marta, en Santiago. Mais o proxecto acabou sendo bastante máis. Unha reflexión sobre o peso do amor romántico e dos mandados do patriarcado en canto a relacións e roles masculinos. Unha reivindicación do dereito a vivir a sexualidade en liberdade fóra dos clixés e tamén dos binarismos, mesmo daqueles que tamén afectan ás persoas que poden crerse revisadas. Falamos con Borja Salgado, fundador da compañía e intérprete desta obra, con Rocío Romero, directora da peza e con Santiago Telmo, autor do texto e tamén intérprete de Brokebak Sabucedo.

Información en Praza Pública

Borja Salgado e Santiago Telmo, caracterizados como Rafa e Roi, en Sabucedoc © Álex Sobrino
 

GZMúsica con Quinkillada e Os Tres Pés

 

Sen pelos na lingua: Historias de Neofalantes | André Espiñeira

 

27/04/23

Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 16. A Coruña dos ventos... e os muiños!

 Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Sara Díaz Ruíz e Noa Vázquez Fuentes.

Antigo muiño de Santa Margarida


 Antigo muiño da Gramela situado na Agra do Orzán (desapareceu en 1984)


25/04/23

A folga da CRTVG volve alterar a programación e chega ao Senado: "Feijóo é responsable da manipulación"

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Persoal da CRTVG, ás portas do Senado CC-BY-SA @Yolanda_Diaz_

Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu - Sempre a pé de obra (VI)-Letras Galegas 2023

O derradeiro episodio da serie sobre o protagonista do Día das Letras Galegas aborda a súa obra literaria, que abrangue unha extensa produción como divulgador e articulista, dous libros de memorias e unha novela, 'O cego de Pumardedón', así como diversos libros de viaxes, entre outras obras. 

O capítulo sexto conta tamén o seu papel á fronte da Fundación Penzol e como presidente da Real Academia Galega, e completa o perfil máis humano dunha das grandes figuras da cultura galega do século XX. 

'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu' é unha serie documental de seis episodios sobre o intelectual ao que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2023.

Ataque Escampe con Antía Ameixeiras - A cociña práctica

 

Predición meteorolóxica para A Coruña do 25 de abril ao 3 de maio

 Predición realizada pola Meteoescola do IES Monelos. Na locución a alumna de 1º ESO Claudia Aparicio Ramos.

Sen pelos na lingua: Historias de Neofalantes | Crystilandia

22/04/23

Os pecados de Cano

 Información de Miguel Barreiro Bugallo en Xornal da Coruña


 

Olladas doutro tempo: Casa Gótica

 
Casa Gótica (1930). Juan Cancelo

 

Entrevista a Irene Rega: “Hai que facer visible o acoso escolar para que poida detectarse antes e non acabar no peor”

 Información en Praza Pública


 

Unha ducia de libros en galego máis lidos nos clubs de lectura escolares

Este domingo 23 de abil celébrase o Día do Libro, unha data que este ano a Consellaría de Cultura celebra cun fermoso texto da profesora da USC Montse Pena Presas dedicado ás mediadoras: profes, bibliotecarias, mestras..., e aos clubs de lectura. O curso pasado constituíronse 1.261 grupos nos clubs de lectura escolares en Galicia, moderados por 925 profesores, nos que participaron 12.712 alumnos e alumnas, unha vizosa estirpe que tece redes arredor das historias. Neles, a autora máis lida foi Ledicia Costas, con cinco obras entre as máis escollidas, que repasamos nesta ducia.

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Galego Politizado (2) - GALEGO DE TODO O MUNDO

 

Crianza en galego... Volver ás orixes | María Vázquez | LGx15

 

21/04/23

"Non son paleta [por falar galego], seralo ti" - Cámara oculta a María Mera en 'Xente Marabillosa'

 

A toponimia das pedras Percebeiras do Mar da Torre, a Ruta de Emilio Mariñas

 Información de Xurxo Souto en Xornal da Coruña


 

A plataforma flotante do Parrote non estará lista este verán

 Información O Xornal da Coruña

Recreación da plataforma flotante no Parrote / Portos

Exército Mekemeke. O videopodcast para a xeración que medrou con Shin-Chan

 Información de Ana G. Liste en Vinte

60 anos do ingreso na RAG de Cunqueiro, "recuperado" para a literatura galega por Del Riego

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Ferrol homenaxea as mil persoas asasinadas polo franquismo na comarca, "executadas por defender a liberdade e a democracia"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

A seca e o colapso do carbón disparan a produción e o impacto climático das centrais de ciclo combinado en Galicia

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Central de ciclo combinado nas instalacións de Endesa nas Pontes © Endesa

Fálase | Falamos de onde vivimos

 

Fálase | O que pasa cos autobuses en Galicia e a despedida de Leilía

 

DERRADEIRA ENTREVISTA ~ SonDaRúa

Concurso #DígochoEu Salta! (CEIP Plurilingüe Concepción Arenal)

 

O que o galego uniu que non o separe o home | Pradorua e Fabiana Ambroa Ibarruri | LGx15

 

20/04/23

III Encontro "Poeta Díaz Castro" (Guitiriz) e IES Monelos

 Actividade realizada o martes 18 de abril de 2023.

Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 15. Os fielatos

 Programa elaborado pol@s alumn@s de 1º ESO Inés Insua Puente e Raúl Orosa Sanjuán.


Predición meteorolóxica para A Coruña (do 18 ao 25 de abril)

Na locución o alumno de 1º ESO Raúl Orosa Sanjuan.

VIAXANDO con @olaxonmario | TOXÍO

 

Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu - O Día das Letras Galegas (V)

O eucalipto, unha árbore maldita?

 

16/04/23

Ataque Escampe - Cabaliño lento

 

Médico de familia, non MAP

 Información de Ramón Veras Castro en Praza Pública


 

Xose Luis Méndez Ferrín: "Temos que reivindicar o dereito a estar continuamente repasando e revisando as nosas ideas"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Xosé Luís Méndez Ferrín © Fundación Laxeiro

3ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS

 BASES E OBXECTIVOS

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2022-2023. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico. 
 
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 17 de abril de 2023 e rematará na semana do 8 ao 12 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas). 
 
4. O concurso terá tres niveis: 
 
• 1º e 2º de ESO. 
• 3º e 4º de ESO. 
• Bacharelato. 
 
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente. 
 
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira: 
 
• Durante a primeira semana (17 ao 21 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
• Na segunda semana (do 24 ao 28 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
• Na terceira semana (do 1 ao 5 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas. 
• Na derradeira semana (8 a 12 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas. 
 
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com 
 
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira. 
 
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis. 
 
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria. 
 
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo's Bar. • 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito: 
 
a) Maior puntuación nas tres semanas previas.
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto. 
 
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases. 
 
 
A gañadora desta III edición deste concurso "Galego con Ciencia" é, na categoría de 1º e 2º de ESO a alumna de 1º ESO  Elena Álvarez-Azurmendi Gutiérrez que contestou correctamente a totalidade das cuestións propostas na última xornada.
Nas categorías de 3º e 4º ESO e Bacharelato queda deserto ao non lograr ningún dos concursante a totalidade dos acerto. Grazas pola vosa participación. Ata un novo concurso.
A entrega do premio realizarase o martes 16 de marzo ás 12:10 na Aula "Xurxo Lobato".