10/03/23

Urbano Lugrís (1908-1973). Ano L

 Sábado 11 de marzo

Ás 20:30 h. Na coiraza do Orzán manifesto "Nós as deshidratadas" por Sofía de Labañou.

Ás 21:30 h. Na sala "Garufa": "En clave de mar"

Teresa Ramiro, Olivia Tudela, César Morán, Rodrigo Osorio, Moncho do Orzán, Marcos de Samaniego, o grupo "Extrema Urgencia", "In Nave Civitas" e os salsieiros todos que queiran entrar.

Menos derrotismo e máis surrealismo!


 


Palavea recuperará a súa toponimía tradicional con 13 novas referencias

 Información de Marcos Rodríguez en Disnoticias


 

Folga na Xustiza: un pouquiño de reLAX

 Opinión de Cesáreo Villar Blanco (funcionario de xustiza) en Praza Pública

Edificio de xulgados © Ana Varela - Xunta


 

A Primavera das Letras agroma en Lourenzá para achegar os nenos e nenas á figura de Francisco Fernández del Riego

 Información en Praza Pública

Primavera das Letras de Del Riego en Lourenzá © RAG


 

Galicia de 20 a 20: De Ourense a Merza

 

08/03/23

As cifras da desigualdade de xénero: menos salario, pensións máis baixas e máis violencia por ser muller

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Acción reivindicativa sobre a feminización do traballo de coidados nun 8M anterior na Coruña CC-BY-SA MA


 

Cando a metade do mundo parou o 8M: cinco anos da primeira folga feminista

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Vista parcial dunha mobilización do movemento feminista galego pola folga do Día Internacional da Muller de 2018 CC-BY-NC-SA Foto: MMM | Montaxe: Praza.gal


 

#DígochoEu Día da muller

 

Radio Monelos: "A pé de rúa". Entrevista a Daniel Palleiro copropietario da librería-espazo cultural "A Tobeira de Oza"

 Na rúa da Merced 24 temos un centro que é algo máis que unha librería. É un espazo cultural de barrio. Claudia Aparicio Ramos e Sara Díaz Ruíz entrevistan a un dos seus socios que se chama Daniel Palleiro. Os outros dous socios chámanse Daniel Blasco e Fran Barcia.


Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 11. O Castro de Elviña

 Traballo realizado polas alumnas de 1º ESO B Inés Insua Puente e Paula Seijas Seoane.


 

Presentación sobre o Castro de Elviña 


Ciencia en feminino, con Sonia Villapol

 

Emilia Pardo Bazán. Unha muller adiantada ao seu tempo.

 

A voltas co prato: Arroz caldoso con nécoras

 

07/03/23

Radio Monelos: programa musical sobre "Cuarta Xusta"

Programa elaborado polas alumnas de 3º ESO B Lucía Barbé Rodríguez e Iria Tenreiro Ramos.


 

Ver entrevista de Cuarta Xusta en GZMúsica.

 

Predición meteorolóxica para A Coruña do 7 ao 14 de marzo

 Elaborada pola Meteoescola do IES Monelos. Locución da alumna de 3º ESO B Iria Tenreiro Ramos.

2022 rematou con quince desafiuzamentos por cada novo caso de ocupación en Galicia

 Información de David Lombao en Praza Pública

Edificios de vivendas en Vigo, nunha imaxe de arquivo © Concello de Vigo

Morre Salvador García-Bodaño, o activista cultural que "ergueu a voz coma poucos"

 Información en Praza Pública


 

Fragas do Eume: un destino "responsable" para quen viaxa á procura do auténtico

 

05/03/23

Decidir morrer con 12 anos

 Opinión de Manuel Fernández Blanco en La Voz de Galicia

María Pedreda

Javier Portas, monitor na Coruña: «Teño 48 anos e vivo nun cuarto, é difícil e caro acceder a un piso, mesmo compartido»

 Información de M. Ou. en La Voz de Galicia


 

A escalada de furtos na Coruña, con 37 ao día, pon en alerta a veciños e comerciantes

 Información de A.G. Chouciño en La Voz de Galicia

Veciños do narcopiso da avenida de Oza 114 saíron á rúa para pedir máis seguridade CESAR QUIAN
 

Martiño Rivas: «Eu non son o primeiro actor que se che vén á cabeza para facer de Nacho»

 Información de Carmen Novo en La Voz de Galicia

Martiño Rivas durante a presentación de «Nacho». Kiko Huesca | EFE
 

Compromiso dixital do alumnado e compromiso da Consellería, con quen?

 Opinión de Rebeca Baceiredo en Praza Pública


 

Que lle dixo Albert Einstein a Xosé Carracido? A visita do xenial científico a España hai cen anos

 Información de Tino Fraga en Praza Pública

Einstein con científicos en Madrid. Carracido está á súa dereita Dominio Público

O deportista viveirense Adrián Ben campión de Europa en 800 metros

 O deportista viveirense Adrián Ben é campión de Europa en 800 metros, fíxose coa medalla de ouro este domingo no campionato europeo en pista cuberta. [Imaxe © Real Federación Española de Atletismo]

Entrevista de María Yáñez en Vinte 19/07/2020

 

Quen se move en coche? O 40% das familias con ingresos mensuais inferiores a mil euros carece de vehículo

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Gráfico que representa o número de vehículos en cada fogar en Galicia en función do nivel de ingresos netos mensuais do fogar, superposto á imaxe dun garaxe CC-BY-SA Michal Jarmoluk


 

Subornos, conflito, chantaxe e medo: a "rede criminal" ligada ao sindicato maioritario na limpeza da Coruña

 Información en Praza Pública

Lixo acumulado nas rúas da Coruña, en febreiro de 2022 CC-BY-SA Praza Pública


 

Aurora Marco, a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras 2023

 A plataforma A Sega comunicou este sábado 4 de marzo que a escritora é a elixida como a Nosa Señora das Letras. 

Información en Nós Diario

  A investigadora Aurora Marco é catedrática xubilada de Didáctica da Lingua e Literatura Galega da USC (Foto: Pablo Ces).


 

ALÉN do SOLPOR. O derradeiro solpor da Europa continental.

04/03/23

Repsol reduce nun 30 % o tempo de descarga de cru grazas a Langosteira

 Información de Elena Silveira en La Voz de Galicia


 

‘As que limpan’ e ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’ encabezan as finalistas aos premios María Casares

 Información en Praza Pública

As que limpan’, de A Panadaría © Leticia T. Blanco / A Panadaría

Roald Dahl de batea

 Opinión de Xurxo Borrazás sobre a literatura infantil e xuvenil "politicamente correcta" en Praza Pública


 

Entrevista ao escritor Xosé Monteagudo: "Bibiano Osorio-Tafall posuía unha conciencia moi clara da súa responsabilidade histórica"

Científico da Misión Biolóxica de Galicia e presidente da Asemblea de Municipios da que sae o anteproxecto de Estatuto de Autonomía. Alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación e deputado en Cortes. Comisario do Exército no goberno de Negrín. Colaborador da ONU en misións diplomáticas e candidato -el mesmo rexeitou a proposta- a presidir a Xunta da preautonomía galega. Había moitos motivos para escribir unha novela sobre Bibiano F. Osorio-Tafall. Pero o escritor Xosé Monteagudo precisaba máis, e atopounos na figura da súa primeira muller, Josefina Arruti. Vémonos mañá (Xerais) é, así, a historia dun encontro que o exilio imposibilita. Tamén a dunha familia, coma tantas outras, separada pola represión franquista e a dunha muller, Josefina, que se vale soa para sacar adiante os fillos mentres o seu marido fai a súa vida lonxe deles practicamente sen axudalos. 

Información en Praza Pública

Xosé Monteagudo CC-BY-SA Distrito Xermar

Unha ducia de vídeos de Galicia no NO-DO: 40 anos dun país en branco e negro

 O Noticiario Cinematográfico Español, máis coñecido como NO-DO (acrónimo de Noticias y Documentales) funcionou como instrumento de propaganda da ditadura franquista dende o ano 1943, proxectándose nos cines antes de cada longametraxe. Galicia foi escenario ou protagonista de medio milleiro de noticias, que nunha gran porcentaxe amosaban actos e inauguracións a cargo do propio ditador e que, ademais, constribuían a asentar unha serie de estereotipos folclóricos sobre Galicia. Todo o arquivo do NO-DO, custodiado por Filmoteca Española (e as filmacións sobre Galicia tamén polo CGAI), pode consultarse online na web de RTVE.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Inauguración do ferrocarril Santiago-A Coruña (1943) (Imaxe do NODO)

Que fazemos com o inglês? - What can we do with English?

 A aversom ao inglês acontece porque um dos impulsos que leva uma pessoa a defender o seu património linguístico é uma atitude emancipadora, contrária a todo o tipo de imposições, e também contrária às supremacias culturais, e claro, se existe uma língua no mundo que esteja a exercer avassaladoramente a sua hegemonia, essa é o inglês. Ora, paradoxalmente, o inglês poderia tornar-se, se nom é já, um dos nossos melhores aliados.

#AquíDicímoloAsí O galego en Asturias #DígochoEu

 

DE VACAS - TITANIC NUNCA MÁIS

 Video recordatorio da traxedia do "Prestige" 20 anos despois

03/03/23

Na rede un completo Atlas de Europa en galego

 Información en Culturagalega


 

Adeus á cheminea de Meirama catro décadas despois

 Información en Praza Pública

A eólica mariña pon os marcos sen expectativa de participación pública galega

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Parque de eólica mariña en augas de Alemaña CC-BY-SA Praza.gal - Cedida


 

20 anos despois do Prestige, o tráfico de petroleiros comeza a abandonar o porto interior da Coruña

 Información en Praza Pública

Entrada dun buque no Porto Exterior da Coruña © Autoridade Portuaria da Coruña


 

Con que deporte podo ser máis popular?

 

Todos os días milleiros de adolescentes en Galicia procuran información en Internet. A mocidade galega non só busca contido que a entreteña, senón que quere solucionar as súas dúbidas para sentirse autónoma e independente, para sentirse adulta. Entre as buscas máis relevantes resaltan as ligadas ás prácticas deportivas. 

Coa serie de vídeos Adestra a túa lingua queremos achegarlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e normalizar e fomentar o emprego de termos técnicos deportivos en galego que son pouco populares e coñecidos. Iniciativa de Suseia SCG realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.


01/03/23

Gallaecia Pop presentado no IES Monelos (1/3/2023)

Mario B. Toucedo, unha persoa moi activa nas redes sociais en galego que ten unha canle en youtube que se chama "Olaxonmario" e premio en dous certames de youtubeir@s, presentou a súa proposta para "revitalizar" o galego nas redes sociais co seu proxecto "Gallaecia Pop" no IES Monelos o 1 de marzo de 2023 ante o alumnado de 4º de ESO.
 

Ver a canle de youtube "Olaxonmario"

Tres mil nenos e nenas de Ames inician unha experiencia de inmersión lingüística: “fan serios esforzos por falar en galego"

 Información en Praza Pública

Participantes na experiencia de inmersión lingüística no Concello de Ames © RAG


 

Baiuca e Laura Lamontagne - Conseguiremos - Novas voces para a lingua

 Os músicos Alejandro Guillán 'Baiuca' e Laura Lamontagne son os protagonistas do novo capítulo da serie 'Conseguiremos', a produción da Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela coa que ambas as institucións abren o proxecto 'Novas voces para a lingua'. 

Os dous artistas conversan sobre a capacidade de chegar coa música en galego “a calquera parte do planeta”. A gravación realizouse no Porto de Santa Cruz (Oleiros).

 

26/02/23

XI Concurso. Explícoche matemáticas 2.0

Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa undécima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, vehiculados en galego e utilizando calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.

O prazo para presentar os vídeos está aberto ata o 31 de marzo de 2022. Hai dous premios de 200 euros: un, para a categoría bacharelato-ESO-FP e outro para a categoría Universidade.

Bases do concurso


 

'falAI': falar galego coas máquinas para que o aprendan

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Exemplos das frases que os usuarios poden gravar para contribuír ao proxecto falAI © Balidea/UVigo Montaxe: Praza.gal

ENCE: un século de políticas forestais ao son do eucalipto

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Plantación de eucaliptos no Ortegal CC-BY-SA Praza Pública


 

RESUMO #PrimeiraFederación | DEPORTIVO 5-0 CD Badajoz | Grupo 1 | Xornada 25

 

OS CACHARREIROS DE NIÑODAGUIA: A TERRA NAS MANS

25/02/23

Fillas de Cassandra, autoras do disco galego do ano: «Somos dunha estirpe loitadora, non permitiremos que nos calen»

 

Unha ducia de paradas para coñecer as Fragas do Eume e a súa contorna

 As Fragas do Eume son unha das xoias de Galicia pola súa beleza natural que ofrece o propio Parque Natural e os concellos que o rodean: Cabanas, Pontedeume, As Pontes, A Capela e Monfero. As Fragas ofrecen a posibilidade de realizar un turismo comprometido co medio ambiente e coa sociedade local, un turismo de natureza e gastronómico que, ademais, se pode complementar coas praias e lagoas da comarca e co rico patrimonio histórico da zona.

Información en Praza Pública 


 

GZMúsica con SonDaRúa e Familia Caamagno

Vinte en ruta #05. Alén do Camiño: de Ordes a Melide revisitando o vello ocio

 Información de Alda L. Rosell en Vinte

Quiosco El Chocolatero en Ordes © Aida L. Rosell


 

Un centro cultural lembrará en Bóveda ao «médico dos pobres»

 O «Pequeniño do Incio», unha vítima da represión política que tamén foi alcalde 

Información de Francisco Albo en La Voz de Galicia

A casa onde se instalará o centro cultural foi construída no século XIX e pertenceu a unha familia de farmacéuticos CEDIDA

 

Reportaxe sobre a violencia machista: "A orde de afastamento sen pulseira non vale": a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Peza performativa de Ana Abad de Larriva e María Move no programa 'Violencia Zero' da Deputación de Pontevedra, este xaneiro no concello de Barro © Deputación de Pontevedra


 

Terceiro tempo. Con Ismael Ramos: 'Nacer nun bar'

 Velaquí o episodio piloto de 'Terceiro tempo', unha serie de conversas-happening coas voces poéticas máis interesantes do noso panorama novo, que ten como epicentro o Café Universal da Coruña. Un espazo e un tempo para a vivir a acción poética doutro xeito, á calor do amor nun bar e gozando da conversa, da performance, da música, da bebida e do baile. 

O primeiro Terceiro Tempo fixérono con Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, autor de "Lixeiro", "Lumes" ou "Os fillos da fame" e do libro de relatos "A parte fácil", recén publicado por Xerais. 

Farto de andar nos últimos meses pola vida de poeta serio, nesta sesión puidemos ver o Ismael máis "mamarracho" (así se autodefine el). En conversa con María Yáñez falou de como é medrar nunha taberna, dos bares da Coruña, do Superdépor, do Tinder ou do primeiro tren da mañá Coruña – Vigo. E recitou. E botaron unhas boas risas e uns bos bailes. 

Se non estiveches aquí tes un resumo bastante fiel, case sen censurar. Case. ;) 

Terceiro tempo é un proxecto colaborativo entre o Café Universal - Club Uni, a revista VINTE e a libraría Lume. 

Vídeo: Javi Quiroga, coa colaboración de Martín Caínzos.

"Sen rede non es igual de libre": 'Soños' leva ao teatro os estigmas da mocidade tutelada

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

O elenco da obra teatral 'Soños', impulsada pola ONG Igaxes, nun ensaio © Alejandro Nieves


 

'Medrar en galego': un día en Allariz para impulsar a crianza na lingua propia de Galicia

 Información en Praza Pública

Presentación da xornada 'Medrar en galego' en Allariz © Concello de Allariz