12/11/22

GALLAECIA POP: O OBRADOIRO

 GALLAECIA POP é un obradoiro creado para dar a conhecer as implicacións específicas de vivir sendo unha cultura minorizada, as súas vantaxes e oportunidades creativas e a creación contemporánea en todos os ámbitos culturais que se fai en galego, interesante de máis!!!

Entrevista a Diana Kurich: "Outra cousa non, pero sempre se nos deu ben inventar formas de querer(nos)"

 Información en Praza Pública

Feitas ao sisel, o libro co que Diana Kurich vén de gañar o XVII certame de poesía erótica Illas Sisargas, é un poemario bailado antes que escrito. Unha danza de danzas entre a copla tradicional e a poesía actual que cuestiona a interpretación machista do baile tradicional ao mesmo tempo que o amor sometido aos ditados heteropatriarcais. Un percorrido por distintos tipos de baile que celebra, sobre todo, os afectos escollidos, construídos e reconstruídos cada día. A autora respondeu por correo electrónico as nosas preguntas sobre unha obra aínda inédita, pois vén de coñecerse a noticia do premio. 

Diana Kurich, gañadora do premio Illas Sisargas CC-BY-NC-SA Praza.gal / Cedida


 

Unha ducia de palabras do Glosario Colectivo Nunca Máis

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Alberto Baña: «O meu pai localizou ata a súa morte 200 naufraxios, eu levo xa 1.200»

 Información de Dolores Vázquez en La Voz de Galicia


 

A galega que debuta como modelo aos 58 anos e xa sae en «Vogue»

 Información de Pablo Portabales en La Voz de Galicia

MARCOS MÍGUEZ
 

«Maldito sexa o gurú...»: outro que non vai ao concerto de Sabina

 Información de Sandra Faginas en La Voz de Galicia

Joaquín Sabina actuando na Coruña no ano 2015 PACO RODRÍGUEZ
 

Queipo de Llano

 Información de Siro en Puntada sen fío en La Voz de Galicia

Siro
 

Mahsa Amini e Ana Baneira: «Muller, vida e liberdade»

 Información de José Julio Fernández Rodríguez en La Voz de Galicia

María Pedreda


Humor. Xaquín Marín

 


As músicas dos vinte - Celtia Irevire

 


11/11/22

Play aRi[t]mar

 Aplicación web desenvolvida pola EOI de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística a partir dos premios da música e poesía galego-portuguesa aRi[t]mar. Reúne músicas e poesías dos diferentes artistas que resultaron gañadores ou optaron aos diferentes premios aRi[t]mar que se levan convocado desde 2016.

SÉS | Para cando eu morra

 

O desacordo que deteriorou a relación entre o naturalista Vítor López Seoane e Manuel Murguía

 Información de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública

Víctor López Seoane Dominio Público


 

LaMontagne & PicoAmperio. Onde a lírica se mestura coa música

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

LaMontagne & PicoAmperio © Llum Photography


 

Hai cen anos Vicente Risco tiña un plan: a galeguización das escolas

 Información en Praza Pública

Plan pedagóxico para a galeguización das escolas © Universidade de Vigo


 

Fálase | As palabras do Prestige e memoria de nós en internet

 

Vista do Prestige o 14 de novembro de 2022, ao día seguinte do accidente, nunha imaxe incluída na investigación oficial do sinistro realizada polas autoridades das Bahamas © Foto: Bahamas Maritime Authority | Imaxe Fálase: Isabel Vila
 

"Traballamos a mínimos para máximos": Pediatría ao límite no centro de saúde e no hospital

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Vacinación pediátrica na Cidade da Cultura en xaneiro deste ano, nunha imaxe tirada da gravación fornecida pola Xunta CC-BY-SA Xunta


 

O Tribunal Superior avala a plena legalidade da ordenanza de uso do galego do Concello da Coruña

 Información de David Lombao en Praza Pública

Votación nun pleno recente do Concello da Coruña © Concello da Coruña


 

Cola de parques eólicos mariños á espera da ordenación estatal para o sector, apremada pola UE

 Información de David Reinero en Praza Pública

Alternativas estudadas para o parque eólico Volanteiro fronte á ría de Vigo © Capital Energy


As feridas ambientais do Prestige "diluíronse" pero Galicia "non está exenta" doutro desastre causado polo petróleo

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Un voluntario apaña chapapote do Prestige © Greenpeace


 

Paulo Goveia (Angola), neofalante | Neofalantes.gal

 


09/11/22

A cantante hydn no IES Monelos

 A cantante e exalumna do instituto visitou o 8 de novembro ao alumnado de 1º de bacharelato do centro.

Na charla falou, entre outros aspectos, da súa experiencia como candidata ao Benidorm Fest, os seus gustos musicais, a vocación académica, profesional, as súas dificultades e a súa aposta polo uso do galego na súa vida cotiá.


hydn - Drowning Fire (Video Oficial)

Xurxo Lobato: "No país do Nunca Máis"

 Historia dun libro publicado no 2003 tras a traxedia do "Prestige"

Este libro quere ser a crónica visual do movemento xerado arredor de Nunca Máis dende o ano 2002 e grande parte do 2003, e dos que fixeron das palabras dignidade e solidariedade unha inmensa marea.

Velaquí unha ollada sobre os feitos. A crónica dun acontecemento que nos conmocionou e que de seguro ha significar un antes e un despois para moitas galaegas e galegos. A realidade é segundo a percibimos e segundo a ordenamos nas nosas emocións e sentimentos. Fica con este libro o testemuño do que aconteceu. Diante da catástrofe o país reaccionaba.

No país do Nunca Máis é un libro de fotoxornalismo que inaugura unha nova colección en Galaxia, a colección Reportaxe. Unhas fotos que son testemuño do meirande movemento cívico que permanecerá en todos nós ao longo dos anos. Un libro feito coas emocións e a honestidade das emocións.

Nomes como Manolo Rivas, Antón Losada, Anxo Quintana, Ramón Chao, Ernesto Sánchez Pombo, Antón Reixa, Ignacio Ramonet, Mario Bennedetti, Xavier Queipo ou César Antonio Molina entre outros aportan os seus textos a este libro para deixar constancia do seu apoio ao movemento Nunca Máis.


 

 

Entrega dos premios "II concurso cociña de outono"

O 8 de novembro as alumnas de 1º ESO B Lara Beade Hermida e Paula Seijas Seoane recibiron o primeiro e segundo premio respectivamente do "II certame do concurso de cociña de outono" organizado polo EDLG do centro

Na imaxe superior Paula Seijas e na inferior Lara Beade reciben o diploma e premio por parte do coordinador do EDLG do IES Monelos.

20 anos da catástrofe do "Prestige"

 As alumnas de 3º ESO  Iria Domínguez e Lucía Barbé analizan nesta reportaxe de Radio Monelos a catástrofe ecolóxica máis importante que padeceu a costa galega hai 20 anos.

 Ver imaxes

  

Verín. Ourense

08/11/22

Radio Monelos. Historia da música galega: de Andrés do Barro aos "Diplomáticos de Monte Alto". Capítulo 1. Andrés do Barro

 Con este programa sobre o músico galego Andrés do Barro iniciamos unha andaina sobre historia da música galega entre finais da década dos sesenta e o ano 2000 para comprender os distintos estilos musicais dentro do seu contexto sociopolítico e cultural das últimas décadas do século XX.

Ao longo deste trimestre trataremos de acercarnos a figuras e grupos musicais, ademais de Andres do Barro, como Ana Kiro, Voces Ceibes, Emilio Batallán, Fuxan os ventos, Milladoiro, Radio Océano, Os resentidos para rematar co grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto que ten como un dos seus líderes ao incombustible Xurxo Souto. Intentando resaltar en que medida foron quen, no seu contexto, de normalizar a música galega e o idioma.

Este primeiro traballo foi realizado polas alumnas de 1º de bacharelato Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo.

Hai vai o tren musical de Andrés do Barro co seu corpo xeitoso tendo saúdade de ti!


Fortaleza de Monterrei. Ourense

 


06/11/22

Traballadoras de Inditex manifestaranse na Coruña para "exixir salarios dignos"

 Información en Nós Diario

  Mobilización recente da CIG a prol das traballadoras de Inditex. (Foto: Nós Diario)

 

Das festas ao casete: Fuxan os Ventos celebra o seu 50 aniversario cunha mostra de "amor ao país"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Actuación de Fuxan Os Ventos na inauguración da exposición polos seus 50 anos no Vello Cárcere de Lugo © Tamara de la Fuente


 

“Por unha CRTVG ao servizo do pobo”: unha manifestación reclama a fin do “secuestro da Xunta”

 Información en Praza Pública

Pancarta de Defende a Galega durante a manifestación deste domingo CC-BY-SA Praza Pública


 

REACCIÓN a Vivamos! como galegos 2022 #Futuro

As músicas dos vinte - Grande Amore

 


A orixe da nosa lingua guapa - Primavera das Letras

 

05/11/22

"O futuro é galego, e o futuro é en feminino": sete 'superheroínas' promoven o uso cotián da lingua

 Lucía Freitas cociñeira con estrela Michelín promove neste vídeo a nosa lingua

Información en Praza Pública

O Glosario Colectivo Nunca Máis: do 'Ghalipote' ao 'Quinto Pino', as palabras da catástrofe vinte anos despois

 Información en Praza Pública

Manifestación da Plataforma Nunca Máis na Praza do Obradoiro © Unha Gran Burla Negra


 

Unha ducia de naufraxios na historia da costa galega

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Prestige (2002)

 

RESUMO #PrimeiraFederación | Algeciras CF 1-2 DEPOR | Grupo 1 | Xornada 11

«Superheroínas», mulleres referentes para impulsar o galego na mocidade

 O proxecto da RAG e a USC conta con sete mulleres mozas para divulgar a presenza do Galego na xuventude.

Información de Montse García en La Voz de Galicia


 

11 Bosque de Ribeira XeoClip 360

 

Saúdos | A miña lingua, a túa lingua

 

Os retrousos da Quenlla

 Reportaxe con elementos de videoclip e de crónica docudramática en que o grupo A Quenlla recrea musicalmente 10 cantigas dun dos primeiros trobadores en lingua galega, Martín de Padrozelos. O traballo, dirixido por Xoán Piñeiro, pretende recuperar e actualizar a obra deste autor a partir da interpretación das súas cantigas realizada por A Quenlla e promover a investigación e a innovación en materia cultural e lingüística. A poeta Goretti Fariña foi a responsable do guión. 

Carlos Quiroga: "Quando na literatura portuguesa re-visitam o seu passado encontram a Galiza"

O escritor Carlos Quiroga pertence a xeración que viviu o final do franquismo na adolescencia e viu mudar a situación legal da lingua na súa mocidade. Doutor en Filoloxía GalegoPortuguesa, é autor de diversas obras de poesía, narrativa, teatro e ensaio. Segundo afirma, escribe liberado de escravitudes como as da norma ortográfica oficial do Galego. Defender a unidade lingüística do galego e do portugués e aplicalo na escrita, pechoulle todas as portas na Galiza mais abriullas no mundo lusófono.

As músicas dos vinte – High Paw

 


03/11/22

Radio Monelos: María Casares

Programa realizado pola Biblioteca escolar do Centro

No centenario do nacemento da actriz coruñesa.

Na locución participa o alumnado de 2º ESO A Antía Anca Campos, Martín Jaspe Rodríguez e Celia Remeseiro Grau.
 

A literatura galega nas súas voces - Fina Casalderrey

01/11/22

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CONCURSO EXPERIMENTOS DE FÍSICA E QUÍMICA



 Bases do concurso 

1. O concurso está organizado polo departamento de física e química do IES Monelos coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado na inquedanza investigadora no ámbito das ciencias. Expecialmente na física e química. 

3. No concurso poderá participar o alumnado de 3º e 4º de ESO. O experimento terá carácter voluntario. 

4. A proba consistirá na elaboración dun vídeo caseiro sobre un ensaio relacionado coa materia de física e química. A exposición descriptiva terá que realizarse en lingua galega. 

 5. O xurado estará formado por un representante do departamento de física e química, educación plástica e visual e o representante do equipo de dinamización da lingua galega. 

6. A entrega dos vídeos realizarase antes do mércores 30 de novembro. 

7. O mércores 14 de decembro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos videos gañadores. 

8. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • 

9. O xurado poderá declarar deserto calquera delas no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. 

10. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

hydn no IES Monelos

 A cantante hydn (exalumna do IES Monelos) dará unha charla no centro sobre o seu proxecto musical e a súa experiencia como neofalante na nosa lingua o próximo martes 8 de novembro ao alumnado de 1º de bacharelato.

A actividade está organizada polo EDLG do instituto. 


 

Os livros favoritos dos cans se falassem galego + recomendaçons musicais e pictóricas!

 

Noites do Porto 2022

 

Chega a terceira tempada de Recuncho Gamer!

 

Obxectivo Bibliotk: Feliz Samaín

 

O tsunami de Lisboa: 267 anos do desastre que impulsou o estudo científico da sismoloxía

 Información en GCiencia


 

Vázquez Queipo, unha referencia indiscutible do cálculo dos logaritmos

 Información de Eduardo Rolland en GCiencia


 

Europa bate o récord de temperatura máxima rexistrada xamais en outubro

 Información en GCiencia


 

Cales son os cemiterios máis bonitos e senlleiros da Galiza?

 Información en Nós Diario

  Sepultura de John O'Dogherty no cemiterio dos Eidos, en Redondela. (Foto: Nós Diario)

 

Vinte no patio: os mellores contidos de VINTE para descubir de camiño á escola (e tamén na clase)

 Información en Praza Pública


 

Fálase | Números importantes e aburridos e mais unha sonata

 

O presidente Rueda escoita a intervención do conselleiro de Facenda tras a aprobación no Consello do proxecto de Orzamentos para 2023 CC-BY-SA David Cabezón / Xunta | Imaxe Fálase: © Isabel Vila

Galicia, potencia cultural: 16 premios nacionais do Ministerio dende o 2017

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Algúns dos últimos galardóns galegos nos Premios Nacionais do Ministerio de Cultura ©


 

XIII día da Ciencia en Galego

 Información en cienciaengalego.org

Os homenaxeados Evariste Galois e Ángeles Alvariño González.

Évariste Galois cambiou as matemáticas, pero tamén a Arte, a Física, a Química, a Xeoloxía inventando o concepto de grupo e aínda o de grupo de Simetría. Hoxe podemos citar 800 libros que falan da Teoría de Galois en Mecánica Cuántica, dos Grupos de Simetría en Cristalografía e Química ou dos 17 grupos de Simetría planos que permiten facer todos os deseños tipo wallpaper posibles no plano, etc. Ou os de 3 dimensións que explican a cristalografía.

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetógnatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial, pois en 1953-1954 participou como investigadora na expedición do buque británico Sarsia. Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación en pesca da NOAA.
Ángeles Alvariño recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015. O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome e en 2021 o Parlamento Galego aprobou unha lei que recoñece o seu labor.
No 2022 foi seleccionada para conmemorar o día da Ciencia en galego. 



CONTACONTOS / BRAIS DAS HORTAS

 


31/10/22

Luns de Tea: a véspera de defuntos

 

GZMúsica con Bratzantifa e Dakidarría

 

Reis e Raiñas de Galiza. Capítulo 34. 1.000 anos do Reino da Galiza. Epílogo e conclusións

 Información de Alexandre Peres Vigo en Nós Diario

  Mapa de Europa elaborado en 1125 polo cóengo normando Lambert de Saint-Omer, onde aparece ‘Galicia’ sinalada como una realidade diferente a ‘Hispania’ . / Universidade de Gante 

Reis e Raiñas de Galiza. Capítulo 33. Afonso V e Xoana de Trastámara

 Información de Héitor Picallo Fontes en Nós Diario

  Constanza de Castela, duquesa consorte de Lancaster e raíña da Galiza entre 1386-1387. / Genealogia dos Reis de Portugal. British Library

Reis e Raíñas de Galiza. Capítulo 32. Fernando 'O Fermoso' de Portugal e Xoán de Gante. Uns reis galegos na segunda metade do século XIV

 Información de Héitor Picallo Fortes en Nós Diario

  Representación das tropas de Fernando I de Portugal enfrontándose ás de Henrique II de Trastámara. / "Chronique d’Angleterre". British Library

Gonzalo Navaza ingresa o 5 de novembro como membro de número da RAG cun discurso sobre a toponimia de Lalín

 Información en Real Academia Galega


 

Anxos pétreos e literatura popular

 

#ApuntamentoLusófono 57 Especial Samaín e Hydn

 

Vinte filmes galegos para ver na ponte dos Defuntos

 Información en Vinte

As Zonas de Baixas Emisións das cidades galegas nacen con poucas restricións ao tráfico pero coa aposta pola peonalización do centro

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Autobús urbano nunha rúa da Coruña © Concello da Coruña


 

Lula vence e proponse "acabar outra vez com a fome" e protexer a democracia do Brasil

 Información de David Lombao en Praza Pública

Mitin de Lula da Silva o 21 de outubro de 2022 en Juiz de Fora (Minas Gerais) © Candidatura Lula da Silva


 

A literatura galega nas súas voces - Pilar Pallarés

 


27/10/22

Radio Monelos: Historia do Samaín

 @s alumn@s do IES Monelos Raúl Orosa Sanjuan e Noa Vázquez Fuentes descúbrennos neste programa de Radio Monelos o significado das palabras de Samaín e Halloween. Son comúns?, De onde procede a súa orixe?

Esperando que este programa sírvanos para iluminar esta noite defuntos deste outonal novembro.

Para os aficcionados ao cómic e a lectura en xeral tedes un libro de Pepe Carreiro da serie os Barbanzós que se titula "A noite do Samaín" e que vos pode abrir, de forma divertida, o camiño.