27/06/21

O Dépor xuvenil conquista a Copa de Campións ante o Barça (1-3) cun partidazo de Noel

 Información de Iván Antelo en La Voz de Galicia


 

Javier Pedreira ‘Wicho’ | Creador do blogue Microsiervos

 Información de Manolo Rodríguez en La Opinión de A Coruña

“Non é o futuro que nos dixeron nin o que imaxinaramos, pero é asombroso”

Heredeiros da Crus afronta a súa xira "angústica"

 Información de Gloria Montenegro en Nós Diario


 

Gayoso pon a proba a Esther Estévez!

 


O que pasa cos dereitos LGTBIQ en Hungría, en #MenosDunMinuto

 


Desvestímonos - O traxe folclórico galego

 


Que é o hidróxeno verde? #MenosDunMinuto

 


Unha galega, candidata a un Emmy! 🏆

 


#DígochoEu Un par de dúbidas 'tódolos' ou 'todos os'?; 'colchoneta'?

 


Larpeiros - Fideos con ameixas e peixe sapo

 


26/06/21

Saúde e Terra, Carlos Blanco!

 


"Noite Bohemia" revive o castro de Elviña


 Información de Ana Carro en La Opinión de A Coruña

Integrantes de Noite Bohemia antes da actuación na praza de Azcárraga. | // VÍCTOR ECHAVE

 

Co galego falamos de todo! As revistas en papel

 As revistas levan ducias e ducias de anos contando a nosa historia. Atopabamos artigos en galego en 'Vida Gallega', unha revista que víu saír o seu primeiro número en xaneiro de 1909 cunha portada deseñada por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. El mesmo tamén formou parte da revista Nós, publicada entre 1920 e 1936. 

Esta marcaría toda unha xeración da historia do noso. Trala morte do dictador Franco, voltan aparecer novas revistas en galego, moitas delas especializadas. Por exemplo, Braña a revista científica da Sociedade Galega de Historia Natural. Ou mesmo Andaina, a revista galega feminista que botou a andar en 1983. 

E hoxe, nacen novas revistas en galego? Como afrontan os desafíos co dixital? Percorremos as librarías, as redaccións e mesmo as facultades... para averigualo!

 


O porco celta

 


Á feira cun só clic: Son de Lugo xunta a produtoras agroalimentarias da provincia nunha tenda dixital

 Información en Praza Pública

Presentación da plataforma Son de Lugo, con produtores participantes e a deputada de Medio Rural, Mónica Freire (5ª pola esquerda) © Deputación de Lugo

 

Todo Malva. Sarcasmo e cultura pop en galego para a xeración Z

 Información de Iria Curros en Vinte

USCénica celebra a súa segunda edición cunha mostra da mellor arte escénica do momento

 Información de Montse Dopico en Praza Pública

Montaxe de Em-na, de Colectivo Glovo, presente no USCénica © Carlota Mosquera

 

Unha ducia de éxitos e esperanzas deportivas galegas

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública


 

Enviamos desde Nigrán á Lúa o primeiro autobús de nanosatélites

 


#DígochoEu Especial Día da Xente do Mar #vaidepeixe

 


Día da Música 2021 | Peregrinación musical no Gaiás

 


#DígochoEu​ A historia da letra x

21/06/21

Dereito a existir: falan elas

Pensar con orgullo II Xornada. Martes, 22 de xuño de 2021 Dereito a existir: falan elas, dirixido por Cristina de la Torre e Carme Adán para o Consello da Cultura Galega. Curtametraxe que dá voz a tres xeracións de mulleres trans na Galicia e conta coa participación de Laura Bugallo, Daniela Ferrández e Aura Leirós.
 

MÁSCARAS de proteína para os rizos | Pradorua

 


Tanxedoras - "Vente vindo" Xota do Hío

 


Ramón Núñez, premio de Divulgación Científica da RAGC

 Información en GCiencia


 

A exposición ao radon causa un 7% das mortes por cancro de pulmón en Galicia

 Información en GCiencia


 

A fin da máscara obrigatoria no exterior xa ten data: sábado 26 de xuño

 Información de Manuel Rey en GCiencia


 

Pavlova de chocolate || Bolboretas no bandullo

 


DESVELANDO a identidade de EMGALEGO | Pradorua

 


20/06/21

Galiza, terra de empanadas

 Información en Nós Diario


 

Pazo de Meirás: "Estamos aquí porque a batalla non rematou"

 Información en Nós Diario

Actuación de Tanxugueiras diante das portas do Pazo de Meirás, este sábado 19 de xuño (Foto: Nós Diario)

 

Forte demanda, altos prezos de gas e CO2 e impostos por reducir: a tormenta perfecta que dispara a factura da luz

Información de Miguel Pardo en Praza Pública


 

Alberto Mira (vocalista do grupo musical "Verto"): “A forma de normalizar é non estar facendo referencia a que o tema está en galego”

 Actúa no Teatro Colón

Información de Enrique Carballo en La Opinión de A Coruña


 

Cruel descenso para o "Amarelle"

 Información en La Opinión de A Coruña



 

O rueiro, refuxio de artistas

 Información de Marta Otero Mayán en La Opinión de A Coruña


 

A erosión provocará o retroceso de ata tres metros da costa galega en só dúas décadas

 Información de Manolo Rodríguez en La Opinión de A Coruña

O mar entra no paseo de marítimo de Riazor en 2016. | // CARLOS PARDELLAS

 

Os socorristas da Xente de a pé

 


Así serán as estacións galegas que virán despois do AVE

 Información de Pablo González en La Voz de Galicia

Recreación do interior da estación da Coruña Adif 

A excepcional actividade do enxeñeiro de minas Ramón Rúa-Figueroa

 Información de Xosé Antón Fraga en La Opinión de A Coruña

 



19/06/21

Saúde e Terra, Xoán Pérez Lema!

 


A historia do vello cárcere de Lugo

 O vello cárcere de Lugo, ubicado no centro da cidade, foi edificado durante o século XIX baixo as pautas do sistema panóptico ideado por Jeremy Bentham. Alí foron recluidos boa parte dos presos e presas políticas da provincia de Lugo e outras partes do Estado na época da guerra civil. Hoxe, sabemos un pouco máis do que supuxo este cárcere grazas ao concello de Lugo, que decidiu rehabilitar o edificio e abrilo de novo para o seu uso socio-cultural, e grazas tamén aos moitos investigadores e investigadoras que non cesan no seu empeño por devolver ás vítimas a dignidade e colocalas na memoria de todas nós que lles corresponde.

As miradas de Isaac | Os carteis do Estatuto de Autonomía de 1936

 


10 anos, 10 autores, 10 libros | María Solar

 


A asociación Docentes de Português na Galiza busca visibilizar entre a mocidade galega que pode escoller estudar portugués tanto na ESO como no Bacharelato

 Información en Praza Pública

"As fotos son horribles. A blusa quédache fatal": o nesgo de xénero que afrontan as actrices, en primeira persoa

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

A actriz Ana Fontenla © Sandra MG

 

As mortes duplicaron os nacementos en Galicia en 2020 por primeira vez dende que hai datos comparables

 Información de David Lombao en Praza Pública

Un parque infantil en Santiago, nunha imaxe de arquivo © Concello de Santiago

 

OS HERDEIROS PUTOS AMOS | olaxonmario

 

Unha ducia de ideas para unha deliciosa cesta de San Xoán

 Información en Praza Pública


 

#DígochoEu​ Non digas 'teño *hipo'

 


18/06/21

"Regueifando en Marín"

CLICHÉS E TÓPICOS GALEGOS

 


Resumo do Correlingua 2020 #VinteCoaLingua

Aquí tendes un resumo do #VinteCoaLingua, a edición do Correlingua de 2020 con todas as festas, todas as protagonistas polos centros escolares de Galicia. 
 

XOSÉ GUILLERMO por si mesmo, expo antolóxica 2008 e Vigo Preamar

 Xosé Guillermo, artista difícil de clasificar, empezou a súa andaina profesional en 1967, aos vinte anos. Experimentou múltiples linguaxes, técnicas e soportes completando unha obra moi prolífica a medio camiño entre o informalismo distópico e as representacións exuberantes da natureza e o ser humano en clave de ensoño mitolóxico. Pintor de cores vivas, de raíz fauvista, expresión da forte compoñente sentimental, foi especialmente sensible aos mundos mariños que o arrouparon dende neno. Fillo da ditadura, amou a liberdade e o desexo de expandir horizontes, o que o levaría a numerosas viaxes por México, Nicaragua, Guatemala, Brasil, a India, Mali, Mauritania, o Sahara… sempre na procura da poboación indíxena, viaxes que legaron creacións en moitos casos próximas á arte deses pobos, cos que conviviu e se solidarizou, sempre na boa compaña da inseparable Maruchi Blanco. Pero se unha obra súa é especialmente trascendente esta é a creación da Fundición Nautilus, obradoiro artesanal no que, en diferentes momentos, traballaron centenares de persoas da cidade -unha auténtica democratización da arte- e do que saíron instalacións urbanas como Azul mariño ou Vigo Preamar, cuxa reportaxe foi publicada anteriormente neste portal. En setembro de 2008 a Casa das Artes de Vigo acolleu a exposición antolóxica do artista, recreada no vídeo que hoxe presentamos, onde Xosé Guillermo vai explicando os cadros nas súas circunstacias vitais e sociolóxicas. Falecería un ano despois, acabándose unha vida chea de luminosidade.

Ricardo Carvalho Calero. "Scórpio"

 


O pedrazo cébase na Ribeira Sacra e arruína a colleita dos viñedos en San Fiz

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Viñedos de San Fiz, en Chantada, afectados polo pedrazo © Canle Ribeira Sacra

 

Ataque Escampe - Arder

 


17/06/21

Hoxe poño a miña lingua!

 

Xa chega o verán e non sei que poñer.

Que poñerei hoxe? Hoxe poño a miña lingua!

Presentámosvos este proxecto interdisciplinar coordinado polo EDLG do IES Monelos e no que participan os Departamentos de Inglés, Lingua Galega e Tecnoloxía, coa colaboración de Vicedirección. Moitos dos alumnos e profesores deste centro usan camisetas e suadoiros con frases escritas en inglés e pensamos…

Que tal se lle damos unha volta a isto e vemos como soarían estas frases na nosa lingua, o galego? Ou mellor…

Que tal soarían nas linguas autonómicas, catalán, éuscaro e galego?

E se usamos a moda para poñer en valor as nosas linguas autóctonas?

Así que nos puxemos mans á obra para facer un proxecto no que integrar esta industria coas linguas e este é o resultado. Contamos coa participación do alumnado do IES Monelos que aportou as camisetas e participou na tradución dos textos ao galego e tamén co alumnado do IES Urbi de Basauri (Biscaia) e do IES Son Rullan de Palma de Mallorca (Baleares), que participaron nas traducións ao éuscaro e catalán respectivamente. Ademais tivemos a colaboración de Teo, na súa primeira tarefa escolar.

Pasa o rato polo collage para ver o resultado do traballo. Quedarás abraiado!

Este proxecto non rematou…ten outra fase máis da que vos iremos informando.

Grazas a todas e todos por participar!

Darío DK & Hugo Guezeta - Rap do Norte (Prod. La Loquera)

 


REACCIÓN AO TIKTOK GALEGO VOL. IV

 


Unha web busca fomentar o consumo de contidos en galego entre a mocidade

 Información en Diario da Universidade de Vigo



MUSIGALITE VILLANUEVA , UPPERCUT , ATAQUE ESCAMPE

 


12/06/21

Saúde e Terra, Ledicia Costas!

 


Editorial: denuncia do equilibrio

O curso 2020-2021 foi un curso moi estraño. Condicionados polas circunstancias desta longa pandemia que nos leva consumido máis de ano e medio non sabiamos, a comezos de curso, como ía evolucionar esta. En setembro aínda pensabamos na posibilidade de que volvésemos a ser confinados e tivésemos que, como no remate do curso pasado, facer uso de medios telemáticos perdendo así o necesario contacto físico na educación. Primeiro de bacharelato foi o nivel que máis padeceu estes cambios, dado que non houbo posibilidade de clases presenciais plenas. O uso dos ordenadores para un 20% do alumnado non foi unha opción idónea.
 
A pesar de todo isto observamos que o curso escolar foi transitando sen os condicionantes extremos que previamos e incluso parece que este último trimestre aliviamos as circunstancias do estado de alarma. Incluso puidemos realizar actividades fóra do instituto (Proxecto Terra, piragüismo, encontro lingüístico co IES Poeta Díaz Castro  de Guitiriz, Camiño solidario Compostela... Esperemos que as condicións melloren para o curso que vén e verdadeiramente poidamos falar dunha nova normalidade.
 
Facendo reflexión co Equipo de Dinamización Lingüística do centro observamos que, a pesar das dificultades, realizamos bastantes actividades principalmente durante estes dous últimos trimestres (día da paz, a Candeloria, o día da muller...) e que os problemas iniciais foron superándose.
 
 
 
A nova normalidade é unha necesidade xeral atendendo a cuestións sanitarias pero tamén necesaria no uso do noso idioma. Os informes publicados pola Real Academia Galega relativos á competencia lingüística do galego, principalmente no ensino privado e concertado, son moi preocupantes sobre o futuro deste. A experiencia que observamos no noso propio centro, tanto no alumnado como no profesorado, non invitan ao optimismo. A experiencia celebrada (o 24 de febreiro de 24 horas co galego) non tivo un balance positivo. A utilización no ámbito cotián da sociedade galega (xustiza, sanidade, empresa, comercio...) é practicamente nulo. 

Esta realidade invítanos a denunciar modelos potenciados pola administración como foron e son o bilingüismo harmónico, o decreto de plurilingüismo (que de tódolos xeitos se incumpren de maneira descarada en moitísimos centros educativos). Por outro lado o mito establecido, nunha parte da nosa sociedade,  sobre la imposición del gallego é unha clara falacia
 
 Un pobo pervive se protexe a súa tradición cultural e patrimonial. A defensa da paisaxe, do patrimonio histórico-artístico e tamén do inmaterial, como é a lingua propia, son rasgos a conservar, protexer e potenciar no caso do idioma, se queremos persistir como identidade nun mundo cada vez máis global e, por que non dicilo, máis colonizado en múltiplos aspectos.
 
O futuro do galego (dado o despoboamento no rural) dependerá da conciencia no seu uso dos neofalantes e é principalmente a administración educativa a que ten que fomentar esta práctica.
 
No ano das Letras Galegas dedicado a Xela Arias e  collendo emprestado o título do seu primeiro poemario, publicado en 1986, denunciamos o "equilibrio" desta falsa realidade lingüística que padecemos.

25 anos de candidatura a Patrimonio da Humanidade e a Ribeira Sacra aínda non foi quen de xustificar a súa excepcionalidade

 Información de David Reinero en Praza Pública

Mosteiros e cultivos en socalcos son algúns dos elementos salientados pola candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade CC-BY-SA Xunta de Galicia

 

Víctor Moscoso: deseño gráfico, sexo, drogas e rock&roll!

 O rostro da psicodelia dos anos sesenta foi pintado por un galego. Tratábase dunha época de axitación e mudanzas nos Estados Unidos na que cobraba forza a contracultura, un movemento que foi crecendo ao carón da loita polos dereitos civís, as protestas contra a guerra en Vietnam, a busca de modelos de vida alén do capitalismo, unha crecente industria das drogas recreativas e unha mocidade activa. 

 Dentro dese movemento da contracultura figura un dos deseñadores máis influíntes do século XX, un creador que fuxiu de Galicia cando era neno tralo golpe militar fascista do 36. El é Víctor Moscoso. 

Ata outubro de 2021, a cidade da Coruña acolle a primeira exposición que se realiza en Europa sobre a figura de Moscoso. Achégamonos á exposición, á psicodelia, á contracultura, á Víctor Moscoso xunto ao sexo, ás drogas e moito rock&roll. Benvidas e benvidos á psicodelia de Moscoso!

DAKIDARRIA "Sobran As Palabras" (Videoclip)

 


11/06/21

Letras Galegas 2021: Xela Arias

 Xela Arias Castaño (Sarria, Lugo 1962 - Vigo, Pontevedra 2003) foi unha escritora, poetisa e tradutora española en varios idiomas, editora e profesora de galego ligada á editorial Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Foi proposta en duas ocasións (2014 e 2015), para ser a figura homenaxeada no Día dás Letras Galegas. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o seu Día das Galegas nas Letras. No ano 2021 dedícaselle o día das Letras Galegas.

 


 Obras

   Poesía

Denuncia do equilibrio (1986), Edicións Xerais de Galicia,
Lili sen pistolas (1986, obra inédita). Tigres coma cabalos (1990), Xerais; con fotos de Xulio Gil, Darío a diario (1996), Edicións Xerais de Galicia,
Intempériome ( xullo de 2003), Espiral Maior, Maldito lindo (obra inédita).
Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) (2018), Xerais,    

Traducións

 Do castelán (Cabalum): Caballum, de Carlos Oroza (1983).

Do portugués (Amor de Perdição): Amor de perdición, de Camilo Castelo Branco (1986, Xerais),Premio de Tradução Sociedade dá Língua Portuguesa.

Do inglés ( Fabled Cities, Princes and Jinn from Arab Myths and Legends): Cidades fantásticas. Príncipes e Xinns dá mitoloxía e as lendas árabes, de Khairat Ao- Saleh, con Valentín Arias (1986, Xerais),

Do italiano ( Favole ao telefono): Contos ó teléfono, de Gianni Rodari (1986, Editorial Mocidade),

 Do portugués (O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá): O Gato Gaiado e a Andoriña Señá: Unha Historia de Amor, de Jorge Amado (1986, Xerais),

 Do castelán (El bosque animado): O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez (1987, Xerais).

 Do inglés (The Witches): As bruxas, de Roald Dahl (1989, Xerais), Do neerlandés ( Belledonne kamer 16: een dagboek uit het verzet) Belledonne, habitación 16, de Anke de Vries (1990, SM), Do castelán  Os corredoiras, de Juan Farias (1990, SM),

Do inglés (Dubliners): Dublineses, de James Joyce, con Débora Ramonde e Rafael Ferradás (1990, Xerais). Do castelán (El ingenioso hidalgo don Quijote de La Mancha): O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha, de Cervantes, con Valentín Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín (1990, Xuntanza),

Do neerlandés: Os cómics de Franka, de Henk Kuijpers, con María Xesús Lameiro (1990, Xerais). Incluíndo os cinco títulos: Os dentes do dragón, A caída do dragón, Competencia a morte, A volta do sol do norte e A vinganza do barco pantasma.

 Do portugués (Rosa, Minha Irmã Rosa): Rosa, miña irmá Rosa, de Alice Vieira (1990, SM), Do portugués (Caminhando sobre as águas): Camiñando sobre as augas, de José Viale Moutinho (1993, Xerais),

Do inglés (The Last of the Mohicans: A Narrative of 1757): O derradeiro dos mohicanos, de James Fenimore Cooper (1993, Xerais), Premio Ramón Cabanillas. Do castelán: A cantiga de amor, de Vicenç Beltran Pepió (1995, Xerais),

Do neerlandés ( Briefgeheim) : A carta en clave de Jan Terlouw (1995, SM),

 Do inglés: Drácula, de Bram Stoker (2000, Xerais), Do inglés (Black Venus): Venus Negra, de Angela Carter (2001, Xerais) Do castelán: Relatos, de Gloria Pampillo (2002, Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego).

 Do francés (Lle Spleen de Paris): O Spleen de París de Charles Baudelaire (Bivir), Premio de Tradución Plácido Castro 2004 (póstumo).

 Do inglés (Wide Sargasso Sea): Ancho mar de sargazos, de Jean Rhys, inconclusa.

 


Colectivas

Contos dos nenos galegos, premiados nos concursos nacionais de contos infantís convocados pola Agrupación Cultural Ou Facho, 1968-1983 (1984, Caixa Galicia).


Escolma de poesía galega (1976-1984) de Xosé Lois García Fernández, ed. (1984, Sotelo Blanco Edicións). "Que se, que se" en Contos eróticos.

 Elas (1990, Edicións Xerais de Galicia).

 Fin dun milenio. Antoloxía da poesía galega última de Francisco López Barxas e César Antonio Molina (1991, Libertarias).

 Palabra de muller (1992, Edicións Xerais de Galicia).

"A de quen comprende non é palabra feliz" en Daquelas que cantan.

Rosalía na palabra de once escritoras galegas (disco-libro, 1997, Fundación Rosalía de Castro).

Río de son e vento (1999, Edicións Xerais de Galicia).

Camelias para elas (1999, Concello de Vigo), con Luz Pozo Garza, M.ª Xosé Queizán e M.ª do Carme Kruckenberg, con fotos de Alfonso Lubián.

 Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).

Elas 2: antoloxía poética (2003, Unión Comarcal de CCOO de Vigo).

Un futuro para a lingua (2003, Xunta de Galicia).

Intifada. Ofrenda dous poetas galegos a Palestina, (2003, Fundación Araguaney).

 X. Espazo para un signo (2005, Edicións Xerais de Galicia).

Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).

Pensando nelas (2006, CD, Centro de Estudos Galegos dá Universidade do País Vasco).


  Traxectoria literaria

Desde o ano 1980 Xela Arias empezou a publicar en xornais e revistas como A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Xornal de Noticias do Porto, Dorna, Tintimán, Carel ou Katarsis.

 Colaborou en publicacións como Festa da Palabra Silenciada, Luzes de Galiza ou no Boletín Galego de Literatura e formou parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de tradución.

 A súa introdución no mundo literario produciuse en 1986 con Denuncia do equilibrio, un poemario innovador, con temática heteroxénea que prioriza o seu fondo por encima da súa forma e sintaxe arbitraria. Con esta obra deuse a coñecer e logrou ser finalista do Premio Losada Diéguez. Nese mesmo ano ingresou na Asociación de Escritores e escritoras en Lingua Galega. Ademais da súa faceta poética, Xela Arias dedicouse amplamente á tradución ao galego de diversos autores

Xela Arias tamén escribiu relatos, algúns dos cales se poden atopar dentro da obra Contos eróticos/ Elas de 1990. Ademais, no ano 1991, colaborou co grupo de rock vigués Desertores, rexistrando as letras dun dos seus discos, con cancións baseadas nos seus poemas.

 Tres anos despois do nacemento do seu fillo Darío, en 1996, publicou Darío a diario, onde a poeta ofrece unha reflexión sobre a súa propia experiencia como nai, cunha relectura da maternidade afastada da visión tradicional e desde o cotián. A súa obra poética deuse a coñecer tamén a través de libros colectivos como Palabra da muller (1992) ou Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas (1997)

Dentro desa dimensión pública e comprometida como poeta buscaba novos espazos de manifestación como os recitais, as exposicións fotográficas ou os espectáculos poético-musicais e neste sentido, Xela Arias supuxo un modelo para novas xeracións. Participou en recitais poéticos ligados á contestación política e social, como o que tivo lugar en 1982 contra a entrada de España na OTAN, ou en 2002 en solidariedade coas persoas afectadas polas consecuencias do afundimento do Prestige no MARCO e outro coa Plataforma contra a Burla Negra, organizado por ela xunto co escritor Xosé María Álvarez Cáccamo en febreiro de 2003. Ese mesmo mes de febreiro e en marzo leu unhas declaracións nas manifestacións que houbo contra a Guerra de Iraq. Co músico Fernando Abreu estaba a preparar un espectáculo poético musical sobre a súa obra Intempériome, que non puido chegar a realizar.

 

Algúns dos seus poemas musicados pola Banda da Loba

A BANDA DA LOBA - Intempériome (Videoclip oficial)

Darío a diario (videoclip oficial)  
 Tigres coma cabalos (Folk Sessions)
 
Adrián Camiño Rocha (4º ESO A)