04/11/20

A Xunta pecha a actividade non esencial e impón confinamento perimetral dun mes a 60 concellos

 Información de David Lombao en Praza Pública

O novo paquete de medidas reforzadas polo coronavirus atinxe a 60 concellos CC-BY-SA Praza Pública

Manuel Rivas: "Zona a defender. A esperanza indócil"

 Zona a Defender foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento crítico e un humor desacougado, esa chamada de alerta percorre todo este libro. En Zona a Defender. A esperanza indócil, Manuel Rivas, despois da denuncia que foi o libro Contra Todo Isto, escribe ás ceibas, con coraxe, sobre o que denomina a era Mayday, de perigo grave e inminente, para ir explorando aquilo que defende: unha internacional das conciencias, unha república de iguais, un novo contrato da sociedade coa natureza, unha austeridade fértil cunha nova abundancia creativa, un feminismo que emancipe a mulleres e homes, descolonizar a imaxinación e sabotar con ironía todo dogmatismo, o acordo secreto entre xeracións, unha soidade solidaria, a arte de caer e pensar o impensábel... E prohibir toda posesión de armas, cunha excepción: a risa.

 


O TSXG dá folgos á loita contra o ERE de Alcoa ao impedir a parada das cubas

Información de Miguel Pardo en Praza Pública

 Instalacións de Alcoa en San Cibrao CC-BY-NC-SA CIG

Os Franco aceptan entregar o Pazo de Meirás ao Estado ata que se resolva o seu recurso

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Fachada principal do Pazo de Meirás © Xunta

O LAND ROBER E O RURALISMO | olaxonmario

 A TVG conta cunha ampla ghama de contidos e información para moi diversas audiencias, mais non sempre chove a ghusto de tod@s Aquí traeo unha pequena reflexión (ou algho) sobre o contido cómico que na actualidade esta canle de televisión nos ofrece ás galegas. #LandRober #Ruralismo

03/11/20

REACCIÓN A "Vivamos Como Galegos - #SerGalegxMola "

O youtubeiro olaxonmario analiza de maneira crítica o spot publicitario do 2019 da cadea de supermercados galegos GADIS

 

 

02/11/20

Sexualidade: distintas formas de educar na diversidade

Vanessa Rodriguez Pousada. Psicóloga e psicopedagoga. Vicepresidenta de SOGASEX e membra de ASEIA. I Xornadas de diversidade sexual organizadas polo concello de Nigrán (xuño 2020)

01/11/20

"O bravú situou a aldea no centro do mundo. Ninguén esperaba isto, foi unha revolución"

Hai 26 anos do nacemento do momento Bravú.  

Entrevista a Xurxo Souto por Marcos Pérez Pena en Praza Pública  (30-11-2019)


 

A maioría de indicadores sitúan Galicia no nivel alto de alerta por COVID, que evita pola menor ocupación hospitalaria

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

CC-BY Alexandra_Koch

Diversidade, risco e experimentación: o foco galego do festival Intersección

Información de Montse Dopico en Praza Pública

Artistiña © DSK 

#DígochoEu Cinco palabras do Samaín

 


GZmúsica [7] con Flow do Toxo e Familia Caamagno!

 Nós Televisión desvelas as novidades coas que inician o outono Flow do Toxo e a Familia Caamagno neste novo programa de GZ Música. Preparádevos que viaxamos ata Ponteareas e Sigüeiro! Movémonos con GZ Música!

Vinte almorzando con Malraio

 A banda compostelá Malraio convidou a almorzar con Deleite no polígono do Tambre, na nave na que ensaian os temas do seu primeiro disco.

 


31/10/20

O mundo desde aquí | A crítica feminista para a cooperación internacional ao desenvolvemento

 Dentro do Ciclo de Charlas e Libros organizadas polo IGADI, o 28 de outubro participou María Reimóndez, escritora, tradutora, activista e estudosa dos feminismos globais. 

En 2014 publicou "A alternativa está aquí" (Xerais) 

Presenta: Montserrat Pintado Lobato, profesora de Relacións Internacionais da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC.

Land Rober - Ana Peleteiro, orgullo galego

 


Retrincos: Pilar Santiago, activista e veciña de Elviña

 San Vicenzo de Elviña era unha parroquia de grande importancia para Coruña cunha importancia que radicaba en extensas terras de cultivo. A caída do poder da labranza e a agresións que supuxeron para a zona os diversos proxectos urbanísticos. O espolio comezo en 1964, coa planta de Fertiberia que estivo na cidade durante uns 25 anos. A situación repetíase en 1991 coas expropiacións do parque do Ofimático. “Sempre fumos expulsadas do noso entorno”, sostén a activista e veciña de Elviña, Pilar Santiago.

GZmúsica - Programa 5 con Xabier Díaz

 Neste quinto programa cóntase con Xabier Díaz como convidado. Fálase con el devagar tralo seu concerto en Pontevedra o pasado verán. E ademais presenta o novo videoclip dos Guezos.

Retrincos: Gonzo

 Gonzo falou no Retrincos da liberdade de prensa en medios de comunicación públicos e privados, da dificultade para facer información crítica en Galicia ou da responsabilidade do espectador para manterse informado a través da televisión: “Os medios ás veces xeramos unha realidade con certa similitude co que acontece pero moito máis agradecida á hora de contala, para manter á xente agarrada e conseguir grandes audiencias.”

Orgullo Galego, unha comunidade na rede

 Orgullo Galego é a comunidade en galego máis grande da rede. Atención ó dato: son máis de 295 mil nas redes sociais! A equipa de Nós Televisión desvela quen está detrás da xestión deste proxecto que une a tantas persoas a través da nosa lingua. Polo orgullo galego na rede! 💙🤍

As contas do Estado para 2021 destinan 55 millóns a rebaixar as peaxes da AP-9

Información de David Lombao en Praza Pública 


 

'Redes Galegas': as redes sociais como aliadas da lingua para chegar ás novas xeracións

 Información en Praza Pública


 

O sector do mar contra o lixo mariño - Rías Sostibles fronte os microplásticos

 O lixo mariño é aínda un descoñecido para boa parte da sociedade. O impacto no mar de contaminantes como os microplásticos repercute tanto na actividade económica como na nosa propia saúde. Dende o movemento ecoloxista, sinalan: é hora de afrontar este problema.

A Coruña pensa en alto sobre o seu lugar no mundo

 Información en Praza Pública


 

Aí vén o Samaín

 Unha ducia de respostas sobre o Samaín por Miguel Pardo en Praza Pública


 

Galego en Londres: descubrir Galicia nunha aula do Reino Unido

Información en Praza Pública


 

Unha ducia de imaxes en 3D do campamento romano de Aquis Querquennis

 Información en Praza Pública

Oh! Ayatollah - Volve a canción protesta (Videoclip)

 Dirección de fotografía - Iago Vilarinho Produción - Manuel Tarrío Asistente de dirección - Antón Miranda Montaxe - Xaime Miranda Dirección de arte - Elsa Pereira e Mariña de Toro Script - Maite Señoráns.

 


30/10/20

Cen anos con Nós

 1920-2020: os cen anos de Nós

Información en La Voz de Galicia

1920-2020: Os cen anos de Nós 


 

Carvalho Calero, o trevo de catro follas que vén do esforzo

 O protagonista das Letras Galegas move a dúbida xa coa grafía do seu nome: Carballo ou Carvalho? A poesía, o humor son parte do saber dun mestre que procuraba o abraio dende o compromiso

Información de Ana Abelenda en Fugas en La Voz de Galicia


 

[CONCURSO] Aves mariñas de Galicia 🌊🐦

 


Musicando a Carvalho Calero

 Carvalho levado ao rap, ao metal, á electrónica e mesmo ao reggae. Oitenta grupos e solistas presentáronse ao certame convocado por Agal e Radio Galega. o 30 de outubro coñécese o gañador

Información de Carlos Crespo en Fugas en La Voz de Galicia

A Banda da Loba é un dos grupos finalistas

Ricardo Carvalho Calero, o galego da paciencia infinita

 Todos os Carvalhos conflúen no mosaico biográfico de María Pilar García Negro que entrega o 31 de outubro La Voz de Galicia sobre o escritor total que non deixou de cultivar Galicia.





VINTE almorzando con Ledicia Costas

 A escritora Ledicia Costas recíbenos na súa casa do barrio de Navia, en Vigo, para convidarnos a almorzar e conversar sobre o éxito de 'Infamia' e de toda a súa obra de literatura infantil e xuvenil. Tamén sobre as súas rutinas de traballo, a situación do galego ou a súa afección polo 'Animal Crossing'. 

 


29/10/20

A BANDA DA LOBA - Adondar a lingua (Videoclip oficial)

 O tacto da fariña nas mans, o sal na punta da lingua e o arrecendo do fermento. Ver como o aire vai inzando a masa lentamente e o son do lume vai quecendo o forno. Contamos con todos os ingredientes, con toda a sabedoría precisa para coidar desta masa nai que nos foi entregada. Para alimentarnos, para vivir, para sentir: adondemos a lingua. 

Videoclip publicado o 31 de outubro de 2020 con motivo da celebración do día das Letras Galegas. Letra e música: A banda da Loba inspirándose no poema "Adondar a lingua" de Celia Parra Videoclip gravado e dirixido por Celia Parra Audio gravado e mesturado en Estudios Abrigueiro por Arturo Vaquero Colaboracións (para o cuarteto de corda): María G. Blanco, Alba Novoa e Margarida Mariño.

 


Titorial para Samaín

 


#DígochoEu Non digas *granizo

 


28/10/20

ANDRÉS DO BARRO - Corpiño Xeitoso (1970). 50 anos de pop galego


 “Corpiño Xeitoso” foi o disco sinxelo adianto do primeiro álbum de Andres do Barro, "Me Llamo Andrés Lapique do Barro" (1970), producido por Juan Pardo e que contén éxitos como "O Tren", "San Antón" ou "Teño Saudade". Tódalas cancións están compostas por Andrés. "Corpiño Xeitoso" foi o seu maior éxito, este tema cantado en galego acadou o nº 1 das listas españolas. Ata aquel momento ninguén conseguira colocar outro número nunha lingua que non fose o castelán.

Andrés do Barro faleceu en 1989. Tiña 42 anos de idade.

27/10/20

Vinte na Coru con Edu Fernández

 Falamos da Coru, ese concepto, co artista e youtuber Edu Fernández, que lle dá un bo repaso á cidade na que vive e tamén a algúns dos seus vídeos máis celebrados.

 


26/10/20

Que foi de Conxo?

 Conxo, Elviña ou Coia foron hai tempo lugares rurais cheos de historia. Un exemplo: en 1873, a primeira liña de tren de Galiza unía os daquela concellos de Conxo e Carril. Cen anos máis tarde, o boom do asfalto e da especulación fixo que estes lugares foran perdendo progresivamente a súa identidade. Estivemos en Conxo falando con veciñas, co movemento asociativo do barrio e coa concellería de urbanismo de Santiago, que ten novos plans para tecer o barrio despois das agresións na periferia da cidade.

 


Participa na leitura continuada do "Scórpio"!

 Nesta sexta-feira 30 de outubro de 2020 terá lugar a 'Leitura Continuada do romance Scórpio' (1987) que se realizará com motivo do Dia das Letras 2020 dedicadas a Ricardo Carvalho Calero. O evento, organizado desde a Associaçom Galega da Língua decorrerá a partir das 17 horas no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago. ▶ Já podes fazer a tua inscriçom nesta ligaçom: https://carvalho2020.gal/leitura-continuada/

Filólogo

 Don Ricardo Carvalho Calero, malia que se licenciou en Dereito, sabías un home de letras.

Velaí a explicacón de estudara Filosofía e Letras por libre e que a súa traxectoria vital fose encarreirada á docencia, á investigación e á creación literaria, afastándose dun perfil profesional como xurista.

Ler artigo en Portal das Palabras

Carvalho Calero por Siro López. 




Os 20 do XX. Capítulo 5 - Vinte no fútbol

 Nos vinte do século pasado o fútbol masculino en Galicia acada a profesionalización e dá un gran salto de calidade. Nacen equipos como o Racing de Ferrol ou o Celta de Vigo, e tamén a rivalidade entre este e o Deportivo da Coruña. 

 


25/10/20

Os 20 do XX. Capitulo 4 - Vinte no cinema

 A década dos 20 foi a da consolidación do cinema como espectáculo de masas. Tamén en Galicia, onde se abriron máis de cen salas de exhibición en cidades e vilas. Nestes anos aparecen tamén empresas produtoras e cineastas pioneiros como Enrique Barreiro. 

'Os 20 do XX' é unha serie escrita e dirixida por Antón Varela.

24/10/20

Xabier P. Docampo - O legado: Que é ler e para que

 Reflexión sobre a lectura por Xabier P. Docampo no día das bibliotecas sobre a importancia desta experiencia.

 


As 50 Canles do YouTube Galego (17 novas entradas)

 Actualización a día 1 de outubro de 2020 da Lista das 50 Canles "persoais" en Galego no YouTube, con máis subscriptores e en activo... Actualizada por a "Lobeira Today".

 Para entrar nela as canles: 

 1. Deben ter polo menos 1 video publicado no último ano (data de realización do estudo, neste caso posterior ao 1º de outubro de 2019) 

 2. Deben apostar polo Galego como motor comunicativo, tanto en audio coma en subtítulos e descripcións. 

3. Deben superar á ultima canle da lista en número de subscriptores, é dicir o número de corte.

A USC investiga con células nai de peixe cebra contra o cancro de páncreas

 Investigadores do grupo ZebraBioRes do Campus de Lugo asinan un artigo en "Nature Communications" no que abordan as células implicadas nestes tumores

Información en GCiencia 

Pablo Cabezas, Laura Sánchez Piñón e Juan Rubiolo, investigadores do grupo ZebraBioRes. Foto: USC.

Lorca queda na Alameda de Compostela

 Información en Praza Pública

Imaxe do libro 'El gran viaje de estudios de García Lorca' © Alvarellos Editora

Unha década despois de aparcar o AVE, Portugal volve considerar "prioritario" un tren que una Porto e Vigo nunha hora

Información de David Reinero en Praza Pública


 Presentacion do Programa Nacional de Investimentos 2030 de Portugal cunha nova liña ferroviaria Braga-Valença © Goberno de Portugal

A compañía Cámara Negra está a representar 'Se isto é un home', de Primo Levi, e 'Clausura do amor', de Pascal Rambert

 “Auschwitz segue existindo. Non deixa de ser unha metáfora sinistra da nosa sociedade”

Entrevistas de Montse Dopico en Praza Pública

Carlos Álvarez-Ossorio en 'Se isto é un home' © Álvaro Rodríguez Galán

De Nós a nós

 "Pedrayo, Risco, Castelao, Cuevillas... Sen eles non sería posible imaxinar a Galicia de hoxe. Nun mesmo momento produciuse unha concentración excepcional de talento e coraxe", destácase no vídeo promocional da exposición, que quere ser "unha homenaxe á xeración que mudou para sempre a historia galega".

Máis información de Marcos Pérez Pena en: Unha ducia de paradas obrigadas na Exposición de Galicia de Nós a Nós

Unha ducia de bandas e artistas dos Premios Martín Códax da Música Galega 2020

 Os Premios Martín Códax da Música Galega completaron con éxito esta semana a súa sétima edición. Os galardóns do 2020, os máis accidentados por mor do coronavirus, volveron servir malia á pandemia para celebrar a diversidade da música galega e tamén para poñer o foco sobre o forte impacto na industria musical da COVID-19, que trouxo consigo creatividade, pero tamén fondos problemas. Velaquí unha ducia de bandas e artistas distinguidos nos premios (e na súa web, moitas máis) a través dalgúns dos seus traballos máis recentes.

Información en Praza Pública


 

As contas pendentes de Franco en Galicia un ano despois da súa exhumación: do pazo de Meirás ao xuízo de Bóveda

Información de David Reinero en Praza Pública

Franco, na inauguración en 1956 do encoro de San Estevo, no río Sil do que o Lor é afluente uns poucos quilómetros augas arriba Dominio Público NODO-Filmoteca Española-RTVE 

Vinte coas Brigantias

Coñecemos o roller derby, un deporte de contacto a patíns practicado sobre todo por mulleres, da man das súas pioneiras galegas: as Brigantias da Coruña. Elas organizaron o pasado mes de setembro na cidade os Playoffs internacionais deste deporte que lle debe o seu rexurdimento ao movemento Riot Grrrl e cada vez practican máis rapazas en todo o mundo.

 


23/10/20

Vinte almorzando con Su Garrido Pombo

 Nova entrega de VINTE almorzando con Deleite, na que nos desprazamos a Traspielas (Fornelos de Montes) para almorzar coa música e compositora Su Garrido Pombo. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin, e tal como nos conta neste vídeo para ela é moi importante a súa raíz coa súa aldea como todos os lugares do mundo polos que pasou. Gañadora do premio Narf da Deputación da Coruña e do Premio da Música Martín Códax na categoría de canción de Autor, Su Garrido Pombo é unha das artistas galegas máis interesantes que ides coñecer este ano.

 


22/10/20

'Cromática', ou como reconstruír o mundo a través da cor

 A exposición, con carga galega e feminina, chega o xoves 22 de outubro a Santiago de Compostela.

Información en Galicia Confidencial

Obra de Samya Arif no III mostra internacional de ilustración contemporánea de Afundación. SAMYA ARIF | Fonte: Europa Press 

Vinte almorzando con Cris Iglesias

Este está a ser o ano de Cris Iglesias. Finalista como mellor actriz nos Mestre Mateo por 'Eroski Paraíso' e nos María Casares por 'Liberto'. Premiada xa polo seu papel protagonista en '16 de decembro'. Xirando por Galicia coa versión teatral de 'Fariña' e na televisións de Galicia e Portugal con 'Auga Seca'. Estivemos almorzando con ela e con Deleite para regresar ao barrio onde se criou e onde empezou todo: a Agra do Orzán na Coruña, cunha sesión fotográfica, estilismo e de todo.

 


21/10/20

Vinte almorzando con Óliver Laxe

 Vinte almorza na cociña de leña da casa de Óliver Laxe. O cineasta recibiunos na súa aldea dos Ancares, onde naceu a película e onde se rodou a maior parte dela. Alí prepara un novo proxecto pero non cinematográfico: vai crear un centro pedagóxico e terapéutico que tamén será unha granxa e un espazo cultural, rehabilitando varias casas do lugar, incluída a de seus avós.

18/10/20

Freixanes: "O galego non é unha lingua local; na lusofonía hai un universo semellante ó do castelán"

 Víctor Freixanes, presidente da RAG, fala da necesidade clara dun pacto polo galego: "Nunca houbo tantos recursos potenciais de calidade e coñecemento da lingua, pero ao mesmo tempo hai uns problemas e desafíos nas sociedades contemporáneas e na galega que non podemos ignorar, á marxe do que pase nunhas eleccións". 

 Lembra tamén que non é un tanto unha cuestión de recursos como de ter vontade e un horizonte común: "Temos que exercer a vontade do que queremos facer co noso idioma." 

Freixanes descartou a opción dunha dobre normativa e avogou polo cumprimento da Lei Paz Andrade. Sinalou o risco de que o galego remate converténdose nunha lingua litúrxica, en referencia ao distanciamento entre o galego da rúa e o galego empregado nalgúns sectores por "quedabéns", como acontece na política institucional: "cando apagan os focos e pasan automáticamente ao castelán, a sociedade percibe esa impostura de que están representando algo que non teñen, e provocan que a sociedade se distancie."

 


Libro Fisterras Atlánticas | Xosé Iglesias

 Xosé Iglesias, artista polifacético e mariñeiro, conta a súa experiencia marítima do Mar Maior do Gran Sol, de Rockall, e de como escoitaba os partes metereolóxicos marítimos da BBC. Remata coa lectura do seu poema incluido en Fisterras atlánticas “BBC 148 Kcs”.

KORUÑO, LEGADO DE HÉRCULES - PARTE 1

 Documental realizado polo alumnado do Taller de Curtametraxes organizado por SocialCine 2010, do concello da Coruña.


LOCAL E GALEGA, a volta da música aos escenarios

 A cultura é segura. Non canceles. 'Alerta vermella, facemos eventos'. Son múltiples e diversos os chamados do sector cultural galego a prol da continuidade do seu propio traballo, coas medidas de seguridade pertinentes. A esta reivindicación súmase a necesidade do impulso das artistas galegas. 

👣 Colocamos o foco na aposta polas músicas e os músicos locais. Para iso, imos ata a cidade de Lugo.

 


O noso idioma, o galego

 


o galego na Coruña

 


Na Coruña, en galego?

 Moito se ten falado do pouco uso do galego na Coruña, pero canto hai de certo e canto de mito?

 


Xabier Maceiras historiador que presenta o seu novo libro, 'Crónicas de Arteixo II'

 "Eu entendo que Arteixo está medrando e a xente estase indo e con ela a memoria"

"O mundo actual, de présas, non me gusta. Non me gusta o ritmo de vida que levamos"

Información de Iván Aguiar en La Opinión de A Coruña

Xabier Maceiras, esta semana, xunto ao Concello de Arteixo.

 

Unha ducia de visitas virtuais para viaxar por Galicia sen saír da casa

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Síndrome do Noroeste | Iria Veiga | LGx15

 


16/10/20

Sés, cantareira de oficio

 "Non teño un público militante e iso enorgulléceme", sostén Sés mirando con firmeza á cámara. Corenta minutos poden parecer unha eternidade nunha entrevista, mais cando a forza, o pensamento, a enerxía e o sentimento enchen cada segundo o tempo vólvese irrelevante. O único que cómpre apuntar ao respecto é que a gravación foi realizada o 30 de setembro, nove días antes de que a cantareira tivera que aprazar os primeiros concertos de presentación do disco tras dar positivo en covid-19. 

Convérsase con Sés sobre Luz Fandiño, o ser hot, e non cool, as e os que soben ao escenario na praza da Quintana, a xestión cultural, a lingua galega... Fálase do pobo e, sobre todo, do oficio galego de ser cantareira.

 


Adolphe

 Estamos ante unha proposta para a literatura galega da tradución dun texto relativamente curto e, en gran parte, inxustamente esquecido da literatura francesa, pero que se sitúa nos albores da novela romántica, (lembremos Atala [1801] e René [1802] de Chateaubriand, ou Corinne [1808] de Mme de Staël) coa que comezaría a saga da grande novela moderna francesa do XIX. Trátase de Adolphe (1816) de Benjamin Constant. Sitúase pouco despois das obras mencionadas e so quince anos antes que do primeiro gran relato deste século Le Rouge et le Noir (1830), e dalgunha maneira contribúe a explicar e a poñer a andar unha nova escritura moi diferente da escritura de corte clásico. O interese desta noveliña esta precisamente neste carácter teórico, preparatorio, precursor e renovador dos presupostos narrativos, na medida en que desbota as regras do clasicismo, aínda en certo modo vixentes no século XVIII (no caso de Voltaire, por exemplo), para dar lugar a unha narrativa mais preocupada polos problemas resultantes dos hábitos sociais e polo seu peso decisivo na conduta e na psicoloxía do individuo. Parécenos moi útil que a literatura galega, que xa traduciu obras de Stendhal, Balzac e Flaubert conte tamén agora con esta aportación.

Tradución de Xosé Manuel Beiras. 

Información en Edicións Laiovento


 

A galega Olga Novo gaña o Premio Nacional de Poesía

O xurado elixiu a obra Feliz Idade, da poeta orixinaria da Pobra do Brollón, "por tratarse dun relato vitalista que celebra o amor e a existencia máis aló do tempo". 
 
 

 

 

'Nós, as Mulleres': a loita por derrubar as barreiras no acceso aos postos de dirección das cooperativas agrarias

Nas cooperativas asociadas a AGACA, o 45,11% das persoas socias son mulleres, pero que estas só ocupan o 16,8% dos postos nos órganos de decisión destas entidades.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública 


 

Sarabela celebra os seus 40 anos con 'A lingua das bolboretas'

 Información de Montse Dopico en Praza Pública

Imaxe de 'A lingua das bolboretas' © Ovidio Aldegunde

O papagaio: para a xente miúda

 

O PAPAGAIO é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata de temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...
Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras.
O obxectivo do xornal é que as nenas e nenos se interesen pola cienia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.




#VideoSelfieTVG - Xoana

 


15/10/20

Xustiza para Bóveda, 84 anos despois

 O Goberno considera ilexítima a resolución do Consello de Guerra que condenou a morte ao político nacionalista en 1936.

Información Marta Otero La Opinión de A Coruña

Amalia Álvarez e Alexandre Bóveda.

 

ADEGA denuncia o desenvolvemento urbanístico de Labañou que pretende aprobar o goberno municipal da Coruña

O ConcelloCoruna pretende erguer moles de cemento para vivendas no Campo de Labañou, que pecharían a visión da fachada litoral deste barrio obreiro da Coruña. Fronte a novas construcións innecesarias, apostemos pola rehabilitación das vivendas #LabañouAbertoAoMar #Percebeiras.
 

 

 

Afonso VIII, rei galego de principio a fin

 O 23 de setembro de 1230 finaba en Sarria, camiño de Compostela, o rei Afonso VIII. Fillo do monarca galego Fernando II e da raíña portuguesa Urraca, pasou a súa mocidade na Galiza, educándose na Casa de Traba e destacando como poeta en lingua galega. Após un conflitivo proceso, foi coroado en 1188 grazas ao apoio da nobreza, manténdose á fronte do reino até 1230 en constante litixio contra Castela. Está enterrado no panteón real da catedral de Compostela, a cuxa construción tanto contribuíu seguindo o proxecto familiar. 

Información en Nós Diario


Representación do rei Afonso VIII. (Foto: Nós Diario)  

Adega denuncia as “décadas de maltrato” da minaría no Eume

Información en Nós Diario

Imaxes do Eume tomadas no lugar da Hermida no municipio das Pontes en setembro de 2020 (Imaxe: Colectivo Terra).  

A Mesa pide a RAG que ofreza "unha homenaxe completa, non parcial" a Carvalho Calero o 17 de maio de 2021

 Explica que a crise provocada pola Covid-19 limitou a planificación da actividade do asociacionismo cultural galego este 2020.

Información en Nós Diario

Imaxe dunha homenaxe a Carvalho en Compostela (Foto: Nós Diario)  

Ser muller no rural desde Os Ancares

 No "Día da Muller Rural" pódense contar centos de experiencias. Nós Diario quixo achegarse até Cervantes para coñecer de primeira man algunhas delas relacionadas cunha zona que perde poboación cada ano. O despoboamento e a soidade deste territorio non son quen de minar a ilusión e o optimismo.

Información en Nós Diario

A Asociación Xuvenil A Cambela levou o berro contra a violencia machista aos cumes dos Ancares (A.X. Cambela)  

Galiza ou Galicia?

O lingüista Eduardo Maragoto fala sobre o uso deste topónimo

 


13/10/20

Curtocircuíto olla o traballo das novas xeracións de cineastas (I)

 Información de Montse Dopico en Praza Pública

Mare, de Guille Vázquez © Guille Vázquez

Humor Davila: catálogo de chuvias

 


"A miña primeira novela de..."

Contos Estraños presenta unha colección de novelas ilustradas de xénero fantástico e de aventuras dirixidas ao público infanto-xuvenil 

 "A miña primeira novela de..." será unha colección de novelas ilustradas dirixidas ao público infanto-xuvenil (+11 anos) escritas en lingua galega. Cada novela abordará un xénero ou subxénero distinto co obxectivo de presentar as súas características definitorias aos/ás lectores/as. Ademais, cada un dos títulos conta con ilustracións de Iago Torres París e compleméntase cunha serie de fichas didácticas e interactivas (provistas de Códigos QR) con información relativa á temática tratada. Asemade, cada un dos volumes contará cunha guía de lectura dixital pensada para o persoal docente que queira traballar cos textos na aula.

Publicaranse catro volumes anuais cun ritmo trimestral.

Ver Contos estraños