05/07/20

03/07/20

XXXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e festivo de Cangas

Do 9 ao 18 de xullo de 2020


 

Aprende coas mulleres galegas. Nova unidade adicada a María Barbeito

Nova unidade adicada a María Barbeito, a introdutora do método Montessori en Galicia publicada pola Secretaría Xeral de Igualdade.
 

Novo número da revista "Tempos Novos"

A revista TEMPOS NOVOS do mes de xullo xa está nos kioscos cun amplo dossier no que expert@s en política, economía, industria, medio rural, sanidade, educación, igualdade, biodiversidade, cultura... analizan o que deron de si estes once anos de Feijoo e do PP á fronte do Goberno.
 
 

Abascal promociona a súa campaña en Galicia e Ana Peleteiro suxírelle que se quede en casa: «O único que ten de verde Galicia son os montes»

A atleta reaccionou a un tuit do líder de VOX que anunciaba un mitin en Ribeira

Ben por Ana Peleteiro, sempre enfrontándose a VOX. Contrasta co silenzo xeralizado dos deportistas de elite. Eses, case que nunca se comprometen en nada. Ou igual nin lles importa.



Os Irmáns da Lexía terán unha escultura na Coruña, obra de Ramón Conde

A filla de Pepín, o único que conseguiu escapar da morte na Guerra Civil, doa a peza ao Concello para homenaxear a súa familia e ás ideas polas que loitaron, segundo o autor.
Catro homes. Un enriba doutro. E no cumio, a bola do mundo. Doce metros. Así é a escultura desñada por Ramón Conde que rinde homenaxe aos Irmáns da Lexía. Catro que foron militantes socialistas e tres foron exectutados no Campo da Rata nos primeiros meses da Guerra Civil. O que conseguiu escapar, Pepín, o primoxénito, emigrou. Pode ser que moitos xa non recordemos esta historia, pero a filla menor daquel supervivinte, Selva García Pomes, quere manter vivo o espírito da súa familia e que A Coruña non o esqueza. Aos seus 80 anos, encargou a escultura a Conde e a acaba de doar á cidade. Estará feita en novo meses e só queda buscarlle un sitio para que os Irmáns da Lexía (chamados así debido ao produto de cuxa fabricación vivía a familia), estén presentes na memoria de tódolos coruñeses.

Centros de día: do plan desaparecido á apertura tras as eleccións: as viraxes da Xunta nos centros de día pechados




Ses - A paz esquiva

02/07/20

Narrativa galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)

Poesía galega de finais do século XX e inicios do XXI (anos 80, 90 e década dos 2000)

Literatura galega no exilio 1936-1976, o resumo (poesía, narrativa e teatro)

Teatro galego 1936-1975, o resumo (Xeración dos 50 e Xeración Abrente)

Nova Narrativa Galega, o resumo

Prosa galega 1936-1976, o resumo (realismo social, máxico, popular e rural)

Poesía galega 1936-1976, resumo (Xeración do 36, Promoción de enlace, Xeración das Festas Minervais)

Teatro galego do primeiro terzo do século XX, o resumo (Irmandades da Fala, Vangardas, Xeración Nós)

Prosa galega do primeiro terzo do século XX, o resumo (Xeración Nós e Xeración do 25/vangardas)

Poesía de vangarda galega, o resumo (surrealismo, creacionismo, hilozoísmo e neotrobadorismo)

Poesía galega do primeiro terzo do século XX, o resumo (Irmandades da Fala)

García Mc & Nación Quilombo - Amor e sangue en Chiapas (Estado de Alarma Version)

28/06/20

O tesouro da fantasía galega

 Un novo volume de «Galicia encantada» amosa a riqueza do imaxinario popular

Máis información de Xesús Fraga en La Voz de Galicia

Entrada Galicia Encantada

A San André de Teixido "irá de morto quen non foi de vivo"


O adeus da loitadora libertaria

Falace Mariquiña Villaverde, filla do líder dos anarquistas locais durante a II República

 Mariquiña Villaverde, filla de José Villaverde, secretario xeral en Galicia da CNT entre 1931 e 1933 e asasinado nos primeiros meses da Guerra Civil, faleceu o sábado na Coruña aos 86 anos. A familia decidiu non recibir duelo e efectuou o enterro o domingo 28 de xuño no cemiterio civil de San Amaro.l
Mariquiña foi unha das protagonistas do documental A pegada dos avós, dirixido en 2014 por Xosé Abad e no que alumnos do instituto de Durmideiras coñecían a represión realizada na Coruña durante a Guerra Civil e a posguerra a través da testemuña de persoas que viviron aqueles feitos.
Tamén participou no documental Vencidos, do colectivo DateCuenta, e foi unha das invitadas ao acto realizado no 2015 polo Concello durante o Goberno local de Marea Atlántica, o que supuxo o primeiro cambio dunha rúa da cidade en aplicación da Lei de Memoria Histórica.
O falecemento de Mariquiña Villaverde levou onte a Marea Atlántica a anunciar que proporá no Concello que se lle conceda o título de Filla Predilecta da Coruña con carácter póstumo así como que se dea o seu nome a unha rúa da cidade.


  

Campaña do orgullo «Deixémonos querer», lema da Coruña coas cores do arcoiris

No centro comercial María Pita hai colocado un punto solidario onde ofrecen información acerca do colectivo LGTBIQ+

Máis información de Marta Otero en La Opinión de A Coruña: A diversidade, materia pendente

 


Dakidarría - A mocidade activa

27/06/20

Farsa das Zocas

“Farsa das zocas” é unha pequena peza teatral de Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) que conta un drama familiar con interese económico como pano de fondo. Este é o texto escollido polo Consello da Cultura Galega (CCG) para a publicación coa que cada ano celebra o Día das Letras Galegas. A edición facsimilar preséntase acompañada dun estudo introdutorio realizado polo profesor da Universidade da Coruña, Carlos Biscainho, a quen entrevistamos para este especial. Ademais, ofrecemos un pequeno agasallo: un vídeo en que Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez dan vida as personaxes recreadas por Carvalho Calero. É moito máis que unha lectura dramatizada, unha aproximación á posta en escena desta peza que nos presenta unha faceta menos coñecida de Cavalho Calero. 

O galego é unha lingua universal / O galego é uma linguagem universal

Este ano as letras galegas están adicadas a Ricardo Carvalho Calero. Dende o centro Maximino Romero Lema de Baio quixeron facer unha viaxe poética arredor do mundo, coa lingua galega como nexo de unión. A universalidade do galego-português é un tesouro maravilloso.

Cúmprense 25 anos do primeiro título oficial do Deportivo: a Copa de 1995


 

Cuarta Xusta - Querémonos libres

22/06/20

Instagram en Galego e Chios en galego - Conversa con Carlos García Vieito (581) | ALt20

Cinema en feminino

Unha escolma de obras, diferentes autoras e abondosas asistentes poden abranguer todo un arco evolutivo en FEMININO: as idades da nena, da moza, da muller, da velliña. Cinema espido como conforto. E como tributo a esa nudez, un acceso á cultura que eslúa gromos, expanda anhelos e combata superficies perigosas.



 

19/06/20

A literatura regresa a cidade co último libro de Docampo

Tras meses de confinamento e librerías pechadas, a cidade poido reunirse onte de novo en torno aos seus libros coa presentación de O pintor cego, a obra que Xabier Docampo deixou inacabada polo seu falecemento no 2018. O acto celebrouse en Moito Conto, que encheu o seu aforo con perto de 30 persoas, e deixou a outros tantos ás portas. O ilustrador do traballo, Xosé Cobas, repetirá o luns o seu encontro no local que terá lugar de novo ás 19.00 horas. 

 


Camiño do Corgo. A revista do IES Monelos

https://caminhodocorgo.blogspot.com/

18/06/20

75 anos do estadio de Riazor

 O kiosko Alfonso da Coruña acolle a mostra dos 75 anos do estadio de Riazor

A exposición está organizada polo Concello e polo Dépor e poderá visitarse ata o próximo 2 de agosto. 



17/06/20

Meteoescola no IES Monelos

Co titulo “Experimenta coa meteoroloxía! Aprendendo o método científico a través do tempo”, profesores e profesoras do IES Monelos continuaron avanzando e crecendo no marco deste proxecto. Unha oportunidade de colaborar entre o profesorado, realizando tarefas multidisciplinares. O proxecto ampliouse a outros departamentos do centro, sendo así os participantes neste curso escolar os departamentos de: Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía (TIC), Música, Matemáticas, Xeografía e Historia, Lingua castelá e literatura, Educación Plástica, Visual e Artística, Biblioteca, e Dinamización Lingüística. As tarefas previstas foron moitas e moi interesantes como: -Recollida sistemática de datos da estación meteorolóxica -Elaboración e interpretación de climogramas -Parte meteorolóxico semanal E moitas mais pero que la COVID-19 impediu desenvolver. 


17 de xuño: nacemento do matemático coruñés Durán Loriga

O 17 de xuño de 1854  nace na Coruña o docente e investigador matemático Juan Jacobo Durán Loriga. O campo de investigación predilecto do matemático coruñés foi a xeometría do triángulo, unha rama da matemática moi cultivada desde mediados do século XIX. Foi membro correspondente da Real Academia de Ciencias, membro da Société Mathématique de France e de moitas outras corporacións científicas. Publicou numerosos traballos en revistas españolas, francesas, portuguesas, italianas, holandesas e alemás, e mantivo relación con matemáticos como Charles Hermite, Ernesto Cesaro, Brocard, Lemoine e Longchamps. En decembro de 1904 pronunciou unha conferencia no Circo de Artesáns da Coruña onde fixo un alegato a favor das mulleres matemáticas, citando á Marquesa de Châtelet, Marie-Sophie Germain, Maria Gaetana Agnesi e Sofia Kovalewska. A súa biblioteca está depositada na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.


16/06/20

Top dos 50 youtubeir@s galegos

Clases durante o Estado de Alarma: o futuro que nos espera?


A experiencia dunha alumna calquera durante o COVID-19.

Moitas veces dise que as chamadas clases online van ser o estándar na educación, ao ser estas moito máis adaptábeis á nova normalidade á que nos temos que acostumar. Porén, en poucas ocasións tómase en conta a opinión e a experiencia dos nenos e mozos durante esta crise; velaquí a miña, unha simple alumna de 4º da ESO.

Cando anunciouse a suspensión das clases durante inicialmente 15 días todo o mundo estaba saltando de alegría, pois pensábase que durante ese tempo estariamos nunha especie de vacacións. Mais despois de ser a segunda prórroga aceptada, penso que xa a maioría sabiamos que non volveríamos a pisar o instituto este curso.
Subestimouse por completo esta pandemia, aínda recordo que o mesmo xoves que se cancelaron as clases dous compañeiros fixeron unha exposición afirmando que “o coronavirus non é tan nocivo coma se estaba a dicir”.


Volvendo ao tema de estar na casa, eu, persoalmente, o levei bastante ben. Puiden organizarme para facer as miñas tarefas e mantiven o contacto cos meus amigos. Aínda que en algunhas materias os mestres puxeron demasiados deberes, sobrevivín. Ademais das xa ditas tarefas, ao estar na casa tamén tiven moito tempo para pensar e para centrarme en proxectos máis persoais, o que nunca vén mal.

O único que non me remata de convencer é o método das clases. Aínda que nunca fixéramos algo así, creo que habería que buscar outro xeito de impartir leccións de cara ao ano que vén, como por exemplo ter un horario máis fixo e ter máis contacto cos profesores ao explicar os temas.

Na miña opinión, penso que xa está asumido o feito de que as clases online van a ser o panorama que teremos para o ano, polo que é necesario o xestionalo de forma correcta.

4º ESO B Marta Justo Brañas