Presentamos un novo número da revista do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Monelos. Trátase dunha cabeceira que iniciou a súa historia no curso 1999-2000. Xa van máis de 25 anos. A edición en papel perdurou ata o curso 2016-2017. Houbo dous curso de parálise (desde 2017 a 2019) para recuperar a súa presenza a partir do curso 2019-2020. Daquela levamos unha edición en dixital.
Neste número novo a base seguen sendo os podcast de Radio Monelos centrados en cinco contidos: Historias da Coruña, Elas foron, Música e músicos en galego, a Memoria histórica recordando ás vítimas e verdugos durante a Guerra Civil na nosa cidade e, neste ano, inauguramos unha nova sección titulada Son de Monelos onde trataremos de profundar sobre figuras que pasaron polo noso centro e que actualmente desenvolven tarefas en distintos eidos do mundo da cultura, ciencia, música, deporte ou literatura. Este ano comezamos coa figura do cineasta Oliver Laxe.
Tamén recollemos as actividades realizadas polo centro e o EDLG en concreto como: Cociña de outono, o Entroido, o III Encontro co IES Agra de Leborís etc.
Outros aspectos tratados son sobre figuras senlleiras como Otero Pedrayo, Pablo Iglesias, Maruja Mallo, Antoni Gaudí ou personaxes do mundo da ciencia como Albert Einstein ou o bioquímico Fernando Calvet.
O eixo vertebrador está representado pola figura das Letras 2026: Begoña Caamaño (activista, escritora e locutora de radio) entre outros aspectos. Un claro referente do feminismo.
As ilustracións que acompañan o deseño da revista son obra da polifacética Laura Romero (música e debuxante entre outras facetas) que nos acompañou nalgunha actividade en cursos pasados.
Sen máis esperamos que disfrutes cos contidos deste novo número.
O EDLG do IES Monelos.

