03/01/26

Sandra Lodi ilustradora de banda deseñada: "Interesábame darlle unha volta á visión vulnerable das señoras maiores"

A ilustradora, deseñadora e artista plástica Sandra Lodi (Lugo, 1990) está a percorrer o país co seu primeiro cómic, Adelina, a historia dunha muller que foxe da residencia de maiores na que vive e inicia un periplo para volver ao seu fogar. Un camiño no que deixa claro que mantén a súa dignidade intacta. Esta obra, publicada por Galaxia o pasado mes de novembro, recibiu o Premio Castelao de banda deseñada na edición de 2024, un galardón outorgado dende a Deputación da Coruña, que se está a esforzar en dar a coñecer as artistas galegas do cómic.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública   

Sandra Lodi © Beatriz González Vázquez