12/09/24

Lucía Freitas e o proxecto Amas da Terra: "Quero que sexa unha rede das mulleres"

A cabeza de Lucía Freitas nunca deixa de bulir. Esta chef Estrela Michelín, dona do restaurante A Tafona, non só cociña, senón que cultiva as súas propias froitas e verduras nunha horta en Cacheiras e loita porque as mulleres recuperen o lugar que lles pertence dentro da gastronomía de Galicia a través do proxecto Amas da Terra.