26/11/22

VII edición do Festival Bocata Gourmet Boucatise

O 3 e 4 de decembro, o mercado de San Agustín da Coruña prepárase para acoller unha nova edición do Festival Bocata Gourmet Boucatise. Nesta cita, o público poderá degustar en formato bocata grandes creacións culinarias dos mellores establecementos da cidade e gozar de showcookings a cargo de destacados chefs coruñeses, ademais da actuación de DJ's e unha zona kids.