«Entre as dúas torres, dous camiños, dous itinerarios» ✨ Un deles mergúllate no camiño de estrelas, que guiou tantos pasos ata Compostela, a través dunha proxección inmersiva que te traslada ao corazón da Vía Láctea. O outro, entretece metaforicamente cantos itinerarios e vidas se teñen cruzado nas rutas xacobeas ao longo dos séculos.
🎥 Cóntanolo Ana Luengo, integrante dun equipo do que tamén forman parte Coro Millares, Jaime Luengo, Mariano Redondo e Beatriz Tejero. Desde a súa formación multidisciplinar --como aquitectas paisaxistas, historiadoras, deseñadores gráficos e industriais-- entenden o proxecto de paisaxe nunha dimensión cultural e asinan esta intervención reflexionando sobre o sentido máis espiritual do #CamiñodeSantiago e sobre a pegada patrimonial e humana que deixa en nós.
📅 Podes vela ata o 7 agosto nas #TorresHejduk ⏰ Aberta de luns a domingo, de 10 a 20 horas | Entrada de balde