13/05/22

BASES DO CERTAME LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS DO IES MONELOS 2022: RELACIÓN DE PREMIADOS

 

Letras galegas 2022 dedicadas á figura de Florencio Delgado Gurriarán

Composición e fallo do xurado

O xurado composto polas profesoras do IES Monelos Mª Ángeles Porto Prado, Mª Jesús Raposo Sánchez, Mª do Mar Rodríguez Iglesias e Pilar Tobar Conde fallou como gañadores/as do concurso na categoría de 4º ESO e Bacharelato:

Modalidade de poesía:

Na noite escura / Tolemia transitoria  co pseudónimo Amalia Lage da  alumna de 2º Bac. D Elena Precedo Prado.

Modalidade narración breve:

Os catro tronos co pseudónimo Lex do alumno de 1º Bac. B  Jia Hao Yang.

Entrega de diplomas e premios

A entrega dos premios realizarase o luns 30 de maio no 2º recreo no Salón de Actos (Aula Xurxo Lobato)

Bases

PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2021-2022. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato). 
 
SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. 
 
- Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres. 
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre. 
 
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 
 
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 
 
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 
 
SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: 
 
Modalidade de poesía 1ª categoría:               vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 1ª categoría: vale de 30 €. 
Modalidade de poesía 2ª categoría:               vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 2ª categoría: vale de 30 €. 
 
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 4 de abril e remata o día 6 de maio de 2022. 
 
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer o 13 de maio de 2022.
 
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 
 
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.