15/02/22

Parladoiro entre o Fiscal da Fiscalía Superior de Galicia, Carlos Varela e Consuelo Castro

 Carlos Varela e Consuelo Castro manteñen unha parola arredor da lingua galega e da súa normalización nos estamentos xudiciais e a xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional respecto dos dereitos lingüísticos. A súa visión é fundamental para entendermos as posibilidades e eivas que ten o noso idioma para o seu uso nas instancias xudiciais e órganos do Estado.