19/02/22

Entrevista a Henrique Monteagudo - O idioma galego baixo o franquismo

 O membro da Real Academia Galega, director da revista Grial e profesor da Universidade de Santiago, Henrique Monteagudo, presenta 'O idioma galego baixo o franquismo'. Esta obra, continuación da 'Historia social da lingua galega', analiza a política lingüística da ditadura franquista. 

A marxinación sistemática do galego e a imposición coactiva do castelán abocaron a un proceso de substitución masiva do galego. "A ditadura franquista deixou un legado moi pesado sobre o galego e ainda estamos, a día de hoxe, con ese lastre detrás", afirma. 

 O foco deste ensaio sitúase na resistencia político-cultural galeguista e na súa estratexia dirixida a constituír un sistema cultural autónomo, co idioma como o seu elemento definidor.