29/01/22

Entrevista a Marcos Lorenzo: "Deberíamos pasar do mundo dos libros de autoaxuda ás entreaxudas, ás estruturas de comunidade"

 Marcos Lorenzo, antropólogo e xestor cultural, publicou este outono o ensaio Dous escritos sobre a felicidade (Edicións Embora), unha obra que afonda na concepción contemporánea da felicidade, de carácter individual ("cada quen é responsable do seu destino") e case obrigatoria ("os infelices seríano por desentenderse da súa responsabilidade"), o que deriva nunha crecente industria de profesionais e disciplinas especializadas na mellora momentánea do estado de ánimo e, polo outro, nunha tiranía que acaba for facer máis infelices as persoas que non acadan o nivel esperado de felicidade.

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública