Analizamos máis a fondo a lista de Outubro do 2021, cóntovos máis sobre como manexamos os datos para a elaboración das listas das 50 do YouTube e algunha novidade que está por vir. E de paso, e como preguntastes no chat que que me parecera o certame de Youtubeiras, dou un pouco a miña opinión sobre el, e mesmo saiu unha tormenta de ideas de como melloralo…