A cantante e música María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, e a poeta Luz Fandiño conversan sobre a importancia de Rosalía de Castro para o feminismo. Desmontando o tópico imposto da Rosalía "miña xoia" e "chorona", descubrimos a importancia da poeta galega e universal nas biografías destas dúas importantes figuras da cultura galega actual.