A lingua galega é unha prodixiosa interface para comunicarnos non só coas persoas que nos rodean, senón tamén para levar connosco a todos aqueles que nos precederon. Na miña presentación, amoso como a lingua ten anacos íntimos que nos explican de onde vimos e nos permiten revelar secretos invisibles do territorio no que vivimos.
--- Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976) é xornalista, profesor universitario e escritor. Dirixe culturagalega.gal, a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega, é profesor na Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago e editor de Capítulo Cero, un blog sobre comunicación, cultura e divulgación científica. A súa última novela é "O exército de fume" (Xerais, 2018). Foi comisario da exposición "Galicia, un relato no mundo" (Museo Gaiás, 2019).
--- #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Agustín Magán | Centro Sociocultural de Santa Marta | Santiago de Compostela | 3 de outubro de 2020 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal