18/10/20

Freixanes: "O galego non é unha lingua local; na lusofonía hai un universo semellante ó do castelán"

 Víctor Freixanes, presidente da RAG, fala da necesidade clara dun pacto polo galego: "Nunca houbo tantos recursos potenciais de calidade e coñecemento da lingua, pero ao mesmo tempo hai uns problemas e desafíos nas sociedades contemporáneas e na galega que non podemos ignorar, á marxe do que pase nunhas eleccións". 

 Lembra tamén que non é un tanto unha cuestión de recursos como de ter vontade e un horizonte común: "Temos que exercer a vontade do que queremos facer co noso idioma." 

Freixanes descartou a opción dunha dobre normativa e avogou polo cumprimento da Lei Paz Andrade. Sinalou o risco de que o galego remate converténdose nunha lingua litúrxica, en referencia ao distanciamento entre o galego da rúa e o galego empregado nalgúns sectores por "quedabéns", como acontece na política institucional: "cando apagan os focos e pasan automáticamente ao castelán, a sociedade percibe esa impostura de que están representando algo que non teñen, e provocan que a sociedade se distancie."