28/06/20

O adeus da loitadora libertaria

Falace Mariquiña Villaverde, filla do líder dos anarquistas locais durante a II República

 Mariquiña Villaverde, filla de José Villaverde, secretario xeral en Galicia da CNT entre 1931 e 1933 e asasinado nos primeiros meses da Guerra Civil, faleceu o sábado na Coruña aos 86 anos. A familia decidiu non recibir duelo e efectuou o enterro o domingo 28 de xuño no cemiterio civil de San Amaro.l
Mariquiña foi unha das protagonistas do documental A pegada dos avós, dirixido en 2014 por Xosé Abad e no que alumnos do instituto de Durmideiras coñecían a represión realizada na Coruña durante a Guerra Civil e a posguerra a través da testemuña de persoas que viviron aqueles feitos.
Tamén participou no documental Vencidos, do colectivo DateCuenta, e foi unha das invitadas ao acto realizado no 2015 polo Concello durante o Goberno local de Marea Atlántica, o que supuxo o primeiro cambio dunha rúa da cidade en aplicación da Lei de Memoria Histórica.
O falecemento de Mariquiña Villaverde levou onte a Marea Atlántica a anunciar que proporá no Concello que se lle conceda o título de Filla Predilecta da Coruña con carácter póstumo así como que se dea o seu nome a unha rúa da cidade.