O
día 15 de novembro de 2019, o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO participou nunha
das sesións de “Deseño e Impresión 3D”
organizada pola Fundación Barrié.
Foron
acompañados polos profesores Sibila González e Serafín Ledo.
Os
alumnos/as construiron modelos e manexaron programas de deseño 3D, pero apenas
viron en acción as impresoras 3D pola escaseza de tempo (pouco máis de dúas
horas).