Neste curso 2019-2020 iniciamos unha nova etapa da revista de normalización e dinamización da nosa lingua. Xa van 20 anos en que se iniciara esta andaina no centro.
Este novo número esta feito dun conxunto de retallos incompletos, de préstamos, de entradiñas de urxencia e de última hora que serven para presentar a realidade viva da actividade do instituto. Probablemente haxa moitas omisións e carencias que non se contemplen neste breve resumo deste curso tan atípico e distópico.
Tamén pretendemos facer unha homenaxe á memoria creativa da revista.
20 anos camiñando polo Corgo
A historia da revista iníciase no curso 1999-2000 co cambio de milenio. Coordina o traballo desta a profesora Mª Xosé Sánchez e continuará como guía ata o curso 2010-2011.
Durante os catro primeiros cursos (ata o 2002-2003) a revista tivo unha peridiocidade trimestral. Nela sobresae a enorme riqueza das súas ilustracións (portada, contraportada e deseño interior) onde destacan a figura do debuxante Luís Sendón ou David Chans. Tamén hai unha enorme presenza de relatos como os de Rosalía Cotelo. Na banda deseñada aparecen os relatos "satíricos" sobre os profesores do centro realizados por Adrián Roca e Roberto Martínez. Os poemas, as adiviñas e os pasatempos son aspectos, ademais dos artigos de actualidade e crítica cinematográfica que están presentes.
No 2003-2004 e 2004-2005 editanse dous números por curso. A ilustración estará en mans de Ana Palau e Rubén Beneitez. Os contidos da revista continuan na mesma liña que os anos anteriores.
A partir do curso 2006 e revista presentará un número por ano. Destacan as ilustracións de Ana Castiñeira.
No curso 2011-2012 a revista estará coordinada por Pilar Zapico e a partir do 2012 e ata o 2016 será Antón Capelán.
Nesta última etapa a revista terá un carácter monográfico: deportes, música, o barrio, a memoria histórica. Resaltan as ilustracións de María Díaz Tobar.
A continuación presentamos algunhas das ilutracións das portadas dalgúns dos números da revista:
Portada do número 1º. 1º trimestre curso 1999-2000 deseño de Luís Sendón |
|
Contraportada do número 3º. 3º trimestre curso 1999-2000 deseño de Luís Sendón. Nano e Chilita son as personaxes |
Portada do nº 5. 2º trimestre curso 2000-2001. Luís Sendón |
Portada do nº 11. 2º trimestre. Curso 2002-2003. Luís Sendón. Ano do "Prestige" |
Contraportada nº 7. Curso 2001-2002. David Chans |
Portada nº 13. Novembro 2003. Ana Palau |
Contraportada nº 13. Novembro de 2003. Ana Palau
Portada nº 15. Decembro de 2004. Rubén Beneitez
Portada nº 19. Curso 2008-2009. Ana Castiñeira
Portada nº 21. Curso 2010-2011. Ana Castiñeira
Portada nº 25. Curso 2014-2015. María Díaz Tobar
Portada e contraportada do último número. Curso 2015-2016. Beatriz González Ponte