Foi unha das profesoras dende a creación do IES Monelos fai máis de 50 anos
En memoria
de Luz Pozo Garza
Esta gran poeta, membro da Real Academia Galega desde o
29 de novembro de 1996, foi moi importante para o noso instituto, o IES
Monelos, pois foi directora na súa fundación (a finais da década dos 60).
As súas obras foron moi ben recibidas e foron premiadas
con moitas distincións: Medalla Castelao, Premio da Critica da poesía Galega,
premio Larexo... o seu poemario máis famoso foi El pájaro en la jaula.
Naceu en Ribadeo o 21 de xullo de 1922. Cando só tiña
catorce anos, a causa da Guerra Civil, tivo que trasladarse a Lugo e
posteriormente a Marrocos, máis concretamente en Larache. Xa de volta en
Galicia, instalouse en Viveiro, lugar onde realizaría estudos musicais que
influenciarán a súa obra poética. Tamén estudaría maxisterio e filoloxía
románica.
Máis tarde, tras instalarse en Vigo, estivo impartindo
clases como profesora de lingua española até a súa xubilación en 1987. Tamén
estivo involucrada nas revistas Nordés
e Clave Orión.
Morreu o 20 de abril de 2020, con 97 anos, na cidade d’A
Coruña. Unha gran perda para a lingua e literatura galega.
4º ESO B. Marta Justo Brañas
Fragmento de 'Cantiga para ler en tempo de penumbra' (Códice Calixtino, 1986)
Cae unha folla intacta coma laio
talvez volver os ollos a contemplar o tempo
bailar corpo belido
no centro da mudanza onde o mar é levado
e non saber a forma precisa da demora:
E ai Deus se virá cedo!
Dormir soñar morrer acaso
agardar un encontro para se tornar caricia
e bañarse nas ondas
nas mesmas vivas aguas da existencia
sílabas delicadas ausencias repentinas
a se perder no reino do lamento:
E ai Deus se virá cedo!
talvez volver os ollos a contemplar o tempo
bailar corpo belido
no centro da mudanza onde o mar é levado
e non saber a forma precisa da demora:
E ai Deus se virá cedo!
Dormir soñar morrer acaso
agardar un encontro para se tornar caricia
e bañarse nas ondas
nas mesmas vivas aguas da existencia
sílabas delicadas ausencias repentinas
a se perder no reino do lamento:
E ai Deus se virá cedo!