Como cada 30 de xaneiro, chega unha data con gran potencialidade educativa: O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha ocasión para que as nosas bibliotecas se comprometan como defensoras da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia e formas de pensar. Para que conformen o espazo da biblioteca como un auténtico viveiro de cidadanía, un lugar facilitador
do diálogo, o debate, a reflexión, a lectura crítica e o acceso á
información, no que se promova unha participación activa cara a unha
sociedade máis xusta e igualitaria.
As bibliotecas escolares galegas promoven, nesta data, actividades variadas e recompilacións de recursos:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): 30 de xaneiro, Lecturas compartidas pola Paz, Lecturas recomendadas
- CEIP Graxal (Cambre-A Coruña): Feitizos de Paz, Ilustracións pola Paz
- CEIP Santa María do Valadouro ( O Valadouro-Lugo): Xogo de pistas. Adiviña o personaxe da paz , Celebración da Paz
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Poesía-Express: Paz, Paz, Paz..., Guía de lectura: Navega en Paz, EncontXo Día da Paz e da Ilustración
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): A cultura da paz o medio e o bo ambiente, Escolma poética, Letras e películas de Guerra e Paz, Paz e Películas, Sons de Paz, Preguntamos pola Paz