O ano no que a ficción galega triunfou nas plataformas globais como "Netflix"
O sabor das margaridas
É un caso interesante de como unha serie que tivo unha audiencia modesta na Televisión de Galicia conseguiu chegar a audiencias de moitos países, sendo ademais a primeira serie en galego que se distribúe en Netflix.
“Tiveron que facer unha mellora técnica na plataforma para meter a
opción de lingua galega, que non a tiñan”; explica o seu produtor
executivo, Ghaleb Jaber Martínez, de CTV: “Foi unha pequena tarefa para un informático pero un grande paso para a nosa lingua”.